Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Arranca Cultura no Camiño con 369 actuacións escénicas e concertos en preto de 100 concellos

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 12418
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
12418

O ciclo, que se desenvolverá do 16 de abril ao 30 de setembro, contribúe á descentralización da oferta cultural galega, ao tempo que amplía a distribución dos espectáculos de teatro, música, danza, novo circo e maxia producidos en Galicia.

Presentouse en Santiago o novo calendario de actuacións de ‘Cultura no Camiño, que na súa cuarta edición amplía a 99 o número de municipios participantes e a 369 as funcións escénicas e concertos programados.

A Xunta de Galicia volve contar coa colaboración dos concellos para a organización deste ciclo, que se estende do 16 de abril ao 30 de setembro, promovido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia co obxectivo de contribuír á dinamización cultural das localidades polas que discorren as diferentes rutas xacobeas na nosa Comunidade.

 
Durante a súa intervención o conselleiro salientou o éxito das tres edicións precedentes desta iniciativa, sinalándoa como un programa consolidado que desde o seu comezo practicamente triplicou o seu orzamento, as compañías participantes e as actuacións contratadas. Neste sentido o titular do departamento autonómico de Cultura salientou o esforzo e colaboración dos Concellos para sacar adiante esta programación e sinalou esta actuación como un exemplo dos froitos que dá o traballo colectivo e colaboración institucional, grazas ao que  ‘Cultura no Camiño’ chegará a 1 de cada 3 municipios galegos.
 
Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia explicou que o obxectivo deste programa cultural é incentivar distribución de produtos culturais nos diferentes concellos vinculados ao Camiño de Santiago e facer chegar a cultura á cidadanía mediante eventos e actividades culturais. Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta destacou que ‘Cultura no Camiño’ incrementará un ano máis a vertente cultural da experiencia única que supón facer o Camiño de Santiago.
 
O director da Agadic, e o director do Xacobeo, participaron tamén neste acto, ao que asistiron así mesmo representantes dos municipios implicados, de Gadis e das formacións que figuran nesta carteleira, integrada por un total de 149 grupos musicais e compañías de teatro, danza, novo circo e maxia. A presentación tivo lugar no Museo das Peregrinacións, a carón da Catedral de Santiago e meta do Camiño, e nela tamén houbo lugar para unha pequena mostra desta programación da man de Pistacatro, cun fragmento do seu espectáculo ‘Impreuna’, e do cantautor compostelán Xosé Constenla, quen interpretou un par de temas de ‘Virada por avante’, o seu último disco.
 
Programa ambicioso e participativo
Na súa intervención, Román Rodríguez certificou que, despois de tres exitosas edicións, este “ambicioso e participativo” programa cultural é xa unha iniciativa consolidada xa que, desde a súa posta en marcha en 2013 no marco da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
 
‘Cultura no Camiño’ conta este ano cun investimento de preto de 545.000 euros (fronte aos 146.521 euros de 2013) compartido pola Xunta de Galicia e os 99 concellos inscritos, que asumen unha parte dos cachés artísticos. Neste sentido, o conselleiro subliñou que este programa é un “bo exemplo dos froitos que dan o traballo colectivo e a colaboración institucional, sumando as administracións autonómica e locais, pero tamén creadores, compañías, xestores e programadores, nun ciclo pensado, deseñado e realizado por e para o público”.
 
En canto á distribución territorial da actividade, ‘Cultura no Camiño’ foi ampliando progresivamente o número de concellos implicados desde a súa primeira edición. Todos eles están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.
 
Por provincias, 36 concellos coruñeses acollerán 132 actuacións; en Lugo, 24 concellos ofrecerán 92 espectáculos; 13 concellos de Ourense porán ao dispor do público 44 funcións; e en Pontevedra, 26 concellos programarán un total de 101 representacións.
 
Produción 100% galega
En palabras do conselleiro de Cultura e Educación, cúmprese así o obxectivo de deslocalizar a oferta cultural para procurar un desenvolvemento equilibrado no conxunto de Galicia. Ao tempo, incentívase a distribución de produtos culturais propios, “enriquecendo con representacións artísticas de calidade un dos espazos patrimoniais máis importantes non só de Galicia, senón de España e mesmo do conxunto do mundo: esa excepcional rede de itinerarios culturais que son os Camiños de Santiago”, engadiu.
 
De feito, o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Lulavai, De Vacas, Radio Cos, Roi Casal, Rosa Cedrón, Uxía & Narf, Xoán Curiel, Peter Punk, Federico Pérez, Grupo Chévere, Caramuxo Teatro, Ghazafelhos, Os Sete magníficos + 1 ou Mago Teto, citando tan só algúns dos 149 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 164 representacións de teatro e danza, 93 actuacións musicais, 78 de maxia e 34 de novo circo.

Pódense consultar todos espectáculos escénicos e musicais na Axenda de Cultura de Galicia

0
URL Trackback para esta Postaxe

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 26 Decembro 2024