A Deputacion da Coruña lanza o DESAFÍO POÉTICO, Poemas FRONTE as violencias de xénero.
Concurso aberto a toda a poboación da provincia da Coruña. Aberto desde o 4 até o 26 de novembro.
Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
Concurso aberto a toda a poboación da provincia da Coruña. Aberto desde o 4 até o 26 de novembro.
Inicamos a Serie 25N polo Día Internacional contra a Violencia Machista ca que queremos tamén poñer o noso gran de area e contribuír a denunciar todo tipo de violencias contra as mulleres. Falaremos de distintas actuacións que decorren polo País ao redor deste día e que contribúen a visibilizar esta loita tan necesaria.
Tanxugueiras son Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío. Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, xúntanse Olaia, Sabela e Aida nun encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comunión musical xorden desde o primeiro minuto.
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela. En 2018 escrebe 'Senlleiras', novela pola cal recibe o Premio Illa Nova de Narrativa.
O dúo feminino Vudú son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. Nace na Coruña no ano 2016, un ano antes, gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Música Xove.
Nado en 1984 en Ferrol, Miguel Alonso compón dende moi novo. Toca a guitarra e o piano, ademáis de colaborar con outros músicos, dos que di ter a sorte de coñecer. A maioría da súa obra está escritas en galego porque, como di, "son galego". Isto parece fácil de entender, pero non sempre é así. Publica o seu primeiro disco, “A noite dous cans” no 2010, ademáis de varios discos colectivos e Ep's.
"Porque viñéstedes as ghalleghas e trouxéchesnos a poesía"
Ísto escoitaron as Aldaolado nunha viaxe a Castela para participar nun Festival de Poesía. Até fóra do país recoñecen o bo facer de estas dúas mulleres que o pasado día 14 de xullo deleitáronnos cun orixinal Recital de Poesía, Música e Humor na sala No Importa da Coruña.
Ledicia Costas, natural de Vigo, é unha escritora galega. Empezou a escribir desde moi nova, sendo unha autora versátil que transita os máis diversos temas, estilos e xéneros. A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición. Mentres cursaba os seus estudos de Dereito gañou diversos premios literarios convocados pola universidade, tanto de relato como de poesía.
Xurxo Lobato Sánchez, nado na Coruña, é un fotógrafo e fotoxornalista galego. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa señora do Rosario".
En 1977 foi fotógrafo colaborador nos seguintes xornais e revistas: Teima, Man Común, A Nosa Terra, correspondente gráfico de El País e a Axencia Cover, Cambio16, Vogue, Elle, Telva, Geo, Feinsmeicker, Dier Spiegel, El Mundo, La Vanguardia, El Periódico,El Dominical, El Semanal, National Geographic, Historia National Geographic, Viajar, Spain Gourmetour, Sobremesa e Capital.
Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña, é unha escritora galega. É licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña, e exerce actualmente a docencia no CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco, labor que compaxina coas funcións de secretaria xeral da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega.