Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
4417
Os circuítos galegos de teatros e auditorios, de música ao vivo e de salas inician hoxe o segundo semestre de programación, durante o que ofrecerán un total de 402 funcións escénicas e musicais en 44 municipios Os tres circuítos de distribución profesional de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) –Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música ao Vivo e Rede Galega de Salas– ofrecerán durante 2015 un total de 828 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo. Esta carteleira anual, que hoxe abre o seu segundo período de programación, conta cun orzamento total de...
Continuar lendo
0
4875
A Agadic, que promove esta iniciativa en colaboración coa Agapi e a AGE, recibiu 52 propostas para levar ás pantallas outros tantos libros de diferentes xéneros e estilos O programa ‘Firma e filme’ da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) espertou o interese de 43 empresas audiovisuais e editoriais galegas, que formalizaron xa a súa participación neste proxecto para promover a adaptación cinematográfica ou televisiva de obras literarias galegas. A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) colaboran tamén na iniciativa, para a que se recibiron un total de 52 propostas para levar ás pantallas...
Continuar lendo
0
5925
A primeira edición do evento, dirixido por Xaime Arias, celebrarase mañá arredor da proxección de ‘Os fenómenos’ no Graduate Centre da City University of New York e dun acto socio-gastronómico no Instituto Cervantes A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a Academia Galega do Audiovisual (AGA) colaboran na primeira edición do Galician Cinema Festival en Nova York, un evento que combina cine e gastronomía para achegarlles o potencial da industria audiovisual galega a produtores, directores, distribuidores, prensa especializada e demais axentes do mercado cinematográfico norteamericano. O festival, que se celebrará...
Continuar lendo
0
9167
Tes algunha proposta que queras desenvolver no Culturgal 2015? A partir do 16 de xuño ábrese convocatoria dirixida a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega. Aquelas propostas seleccionadas pasarán a formar parte do programa da Feira, obtendo visibilidade e difusión entre profesionais, programadores, líderes de opinión e público xeral. Entre os criterios de selección primaranse os proxectos a estrear na Feira ou aqueles cuxo desenvolvemento estea en marcha, as iniciativas que impliquen colaboración entre empresas do mesmo ou diferente sector...
Continuar lendo
0
8302
A Axencia da Consellería de Cultura e Educación completou a adxudicación de máis de 350.000 euros a 53 empresas dos diferentes ámbitos das industrias culturais A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de completar a adxudicación dun total de 350.742 euros a 53 empresas culturais galegas no marco da convocatoria de subvencións á distribución para as industrias culturais correspondente a 2015. A través desta contía, contribúese á realización dun total de 435 actuacións de teatro, danza, novo circo e música dentro e fóra de Galicia, así como á promoción exterior dos produtos...
Continuar lendo
0
11615
A Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe a adxudicación de 600.000 euros ao abeiro da súa convocatoria de axudas A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no seu web a adxudicación de 600.000 euros en axudas para a produción dun total de 26 espectáculos escénicos galegos de distintos formatos e estilos. Esta convocatoria de subvencións á produción escénica, que mantén tanto a dotación como o número de propostas apoiadas respecto a 2014, resolveuse en réxime de concorrencia competitiva de acordo coas puntuacións obtidas por cada...
Continuar lendo
0
4781
A Fundación Luis Seoane inaugura  a Exposición "Eugenio Granell - O Retorno dos Amantes". O Venres 19 de Xuño ás 20:00 na Sede da Fundación, Rúa San Francisco, 27 · 15001 A Coruña  ...
Continuar lendo
0
5449
A Axencia Galega de Industrias Culturáis (Agadic) acaba de poñer en marcha o programa ‘Firma e Filme’, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa comeza cunha convocatoria dirixida á participación das empresas audiovisuais e editoriais, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e da Asociación Galega de Editores (AGE). ‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas...
Continuar lendo
0
5229
O vindeiro 5 de xuño de 2015 as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local. Manfred Gnädinger era un home en comuñón coa súa contorna na que non só...
Continuar lendo
0
5736
Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo. A montaxe, producida co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á actividade escénica galega, está...
Continuar lendo
0