Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
Asinar via RSS Vendo postaxes com a TAG Sicixia
16770

Entrevistamos a o gran director de cinema Ignacio Vilar, que, despois do exitazo de "A Esmorga", ven de presentar recentemente o filme "Sicixia", galardoado co Prix de la Meilleure Interpretation Féminine 2016 no Cinespaña de Toulouse para Marta Lado.

O director Ignacio Vilar viviu a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense, Galicia). Nas noites frías do inverno, arredor do lume da lareira dos seus avós, escoitou historias inmemoriais en galego. A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas á calor do lume farán espertar e alimentarán logo a súa paixón polo cinema.

Continuar lendo
0
4119

O filme mestura ficción e realidade para retratar a Costa da Morte, a súa paisaxe e as súas xentes, a partir da historia que protagonizan Monti Castiñeiras e Marta Lado.

A longametraxe galega ‘Sicixia’, do realizador Ignacio Vilar, inicia  o seu percorrido polo circuíto comercial coa súa estrea en 31 salas de 19 localidades galegas e cinco de España (Madrid, San Feliu de Llobregat, Tarragona, Valencia e Xixón). A producción da película de corre a cargo de Vía Láctea Filmes

A película presentouse en Carballo. coa participación de Evencio Ferreiro, alcalde de Carballo; José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, o director da Agadic, Jacobo Sutil
e unha representación do equipo de ‘Sicixia’ encabezada polo seu director, Ignacio Vilar, e o actor Monti Castiñeiras.

Continuar lendo
0
4514
O Concello da Estrada acolleu a presentación do comezo da filmación desta longametraxe, que contará unha historia de amor e desamor a través da escoita dos sons da Costa da Morte e doutros lugares galegos A produtora galega Vía Láctea Filmes presentou hoxe na Estrada o inicio da rodaxe da súa próxima película, ‘Sicixia’, que arrancará esta fin de semana coa toma de imaxes durante a celebración da festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no financiamento desta nova longametraxe que dirixirá Ignacio Vilar. Despois...
Continuar lendo
0