Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O 24º FIOT de Carballo propón cinco semanas de actividade con 34 espectáculos

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 9590
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
9590

O encontro reúne tanto compañías consolidadas como emerxentes de dentro e fóra de Galicia, ademais de grandes nomes da interpretación como Blanca Portillo ou Charo López.

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo presentou hoxe o programa da súa vixésimo cuarta edición, que desenvolverá do 25 de setembro ao 31 de outubro un amplo programa de exhibición e actividades paralelas co teatro como protagonista dunha carteleira composta por 34 espectáculos.

Figuran nesta escolma títulos espectáculos procedentes de Galicia e do resto de España, así como de Portugal e Arxentina, entre os que se inclúen catro estreas absolutas e 10 na nosa Comunidade.
 
Organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte, o encontro volve contar este ano co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como adxudicatario dun total de 39.146 euros a través da convocatoria de subvencións da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para festivais de artes escénicas e de música.
 
O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou esta tarde na presentación desta ampla programación xunto ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Asociación Telón e Aparte, Alberto Sueiro; o deputado provincial de Cultura da Deputación coruñesa, Xosé Regueira, así como os representantes dos patrocinadores privados do festival.
 
Estreas
Sutil subliñou na súa intervención a “boa saúde e a sólida presenza” da que fai gala o FIOT tras máis de vinte anos de traxectoria e que sitúan o encontro carballés entre as principias citas teatrais non só de Galicia, senón tamén do resto do Estado. “É pertinente lembrar que a historia de moitas compañías escénicas galegas e das súas estreas marcáronse durante anos ao ritmo do FIOT e que as propostas de máis éxito procedentes de fóra de Galicia tiveron sempre en Carballo unha fiestra pola que acceder (moitas veces por primeira vez) aos espectadores galegos”, continuou.
 
Desta volta, as catro estreas absolutas do cartel chegarán da man da compañía madrileña Producciones Meridional, con ‘Los esclavos de mis esclavos’, e de tres propostas galegas: ‘Múltiple’, de Antón Coucheiro; ‘Falar sen cancelas’, de Os Sete Magníficos Máis Un; e ‘Almiñas’, de Quico Cadaval.
 
En canto as estreas en Galicia, en Carballo presentaranse os espectáculos ‘Mr. Kebab’, de JuanCállate de Pez en Raya (Andalucía); ‘Juanita Calamidad (todo el mundo tiene un pasado)’, de Chirigóticas (Andalucía); ‘Los nadadores nocturnos’, de Draft.In (Madrid); ‘El testamento de María’, coprodución do Centro Dramático Nacional, Festival Grec e Avance P.T., interpretado por Blanca Portillo; ‘Othelo’, de Gabriel Chamé (Arxentina); ‘Latente’, de Paula Quintana (Canarias); ‘Mamá Gallina’, de Pez Limbo (País Vasco); ‘Locus Amenus’, de Atresbandes (Cataluña); e ‘El fin del mundo está cerca’, de Chansón Mormón (Madrid).
 
Compañías consolidadas e emerxentes conviven nesta oferta, na que tamén hai lugar para grandes figuras da escena española, como a devandita Blanca Portillo ou Charo López, quen se achegará a Carballo como protagonista de ‘Ojos de agua’, produción de Ron Lalá e Galo Film.
 
Actividades paralelas
Xunto co programa de exhibición en sala, o VI Ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), dedicado ás novas tendencias escénicas, e a xa tradicional sección ‘Rúa dos Contos’, desenvolvida en colaboración con diferentes locais hostaleiros, este ano incorpórase á carteleira o teatro de rúa co obxectivo de facer partícipe do festival a toda a cidadanía. Así mesmo, o público infantil terá o seu espazo no ‘Fiotiño’, ademais de poder participar no XV Concurso Escolar de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’.
 
Dentro das actividades paralelas, haberá exposicións, presentacións de libros, encontros cos creadores e unha nova edición da Escola do Espectador. A actriz Susana Dans recollerá o premio honorífico Xograr de Outono 2015, co que a organización do encontro recoñece a súa destacada traxectoria sobre as táboas.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 13 Diciembre 2024