Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A AGADIC COLABORA CO GALICIAN CINEMA FESTIVAL DE NOVA YORK PARA A PROMOCIÓN DO AUDIOVISUAL GALEGO EN NORTEAMÉRICA

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5940
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5940

A primeira edición do evento, dirixido por Xaime Arias, celebrarase mañá arredor da proxección de ‘Os fenómenos’ no Graduate Centre da City University of New York e dun acto socio-gastronómico no Instituto Cervantes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a Academia Galega do Audiovisual (AGA) colaboran na primeira edición do Galician Cinema Festival en Nova York, un evento que combina cine e gastronomía para achegarlles o potencial da industria audiovisual galega a produtores, directores, distribuidores, prensa especializada e demais axentes do mercado cinematográfico norteamericano.

O festival, que se celebrará mañá baixo a dirección do xornalista Xaime Arias, dará comezo coa exhibición ante unha audiencia especializada de ‘Os fenómenos’, de Alfonso Zarauza, no Graduate Centre da City University of New York, situado na Quinta Avenida. A produción de Maruxiña Films e Zircozine foi seleccionada para abrir este evento como filme gañador dos premios á mellor longametraxe, dirección, guión e interpretación feminina de reparto na pasada edición dos Mestre Mateo do audiovisual galego.

A organización ten confirmada a asistencia a esta proxección de produtores da New York Film Academy e da Lincoln Film Society, así como de xornalistas, directores e representantes de produtoras independentes, cos que se buscará estreitar lazos na procura de proxectos de colaboración conxunta, ademais de promocionar Galicia como escenario de rodaxes cinematográficas tanto polas súas múltiples posibilidades paisaxísticas como pola calidade dos profesionais que integran a nosa industria cinematográfica.

Reunión co director do Instituto Cervantes

Desde Galicia, desprazaranse ata Estados Unidos Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Rubén Zarauza, produtor de ‘Os fenómenos’; e Antonio Mourelos, en representación da Academia Galega do Audiovisual. Ademais, o responsable da Agadic manterá unha reunión co director do Instituto Cervantes en Nova York, Santiago Olmos, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración para a promoción do cinema galego nesta metrópole a través dos fondos do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), entre outras iniciativas.

 Marca Galicia Calidade

O Instituto Cervantes será tamén o escenario do segundo evento arredor do que se articula o Galician Cinema Festival: un acto socio-gastronómico promovido por Galicia Calidade que, xunto coa Agadic, AGA e Televisión de Galicia (TVG), é outra das entidades galegas implicadas nesta mostra. O propio Instituto Cervantes e a City University of New York prestan tamén o seu apoio ao encontro.

 Sete empresas gastronómicas das catro provincias serán as encargadas de ofrecer unha selección de produtos galegos nesta recepción, á que –ademais dos convidados da industria cinematográfica– asistirán representantes da gastronomía, a restauración e a sociedade neoiorquina en xeral. Neste caso, a colaboración dos responsables da Cámara de Comercio de España en Nova York será fundamental para propiciar os contactos necesarios cara ao fomento da exportación de produtos galegos a Estados Unidos.

 Durante este último acto, proxectaranse tamén algunhas das escenas principais de ‘Os fenómenos’, así como unha selección de vídeos sobre o audiovisual galego elaborados especificamente pola TVG.

 

0
Etiquetado en: Agadic Cine Festival NY

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 03 Diciembre 2024