Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A AGADIC SUBVENCIONA 435 ACTUACIÓNS ESCÉNICAS E MUSICAIS E 35 ACCIÓNS DE PROMOCIÓN

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 8371
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
8371

A Axencia da Consellería de Cultura e Educación completou a adxudicación de máis de 350.000 euros a 53 empresas dos diferentes ámbitos das industrias culturais

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de completar a adxudicación dun total de 350.742 euros a 53 empresas culturais galegas no marco da convocatoria de subvencións á distribución para as industrias culturais correspondente a 2015. A través desta contía, contribúese á realización dun total de 435 actuacións de teatro, danza, novo circo e música dentro e fóra de Galicia, así como á promoción exterior dos produtos culturais galegos mediante 35 accións desenvolvidas en mercados e feiras internacionais.

Ao tempo que se publicou no web da Agadic a cuarta e última quenda de adxudicacións ao abeiro destas axudas, anunciouse a través do Diario Oficial de Galicia o esgotamento do orzamento destinado a esta convocatoria. Deste xeito, tal e como establecen as bases, quedou pechado o prazo de solicitude das subvencións á distribución, de concesión automática e por orde cronolóxica para todas as propostas presentadas neste período que reuniron os requisitos esixidos.

Internacionalización do teatro, a danza e o novo circo

Do total adxudicado, máis dun 54% (192.067 euros) destínase especificamente a apoiar a internacionalización da escena e da música de Galicia a través do cofinanciamento de 329 actuacións realizadas en escenarios de fóra da nosa Comunidade, incluíndo as programadas en diferentes mostras e festivais de todo o mundo. Así, no apartado escénico atopamos destacadas mostras e xiras internacionais, como as que levaron a El Retrete de Dorian Gray a Taiwán, Inversa Teatro a Portugal, La Macana a Ecuador, Matarile Teatro a Brasil, Neodans a Costa Rica, Ningures Producións a Portugal, Pistacatro Produtora de Soños a México e Estados Unidos, Tanxarina Títeres a Grecia, Marrocos e Portugal, Teatro Ensalle a México ou Títeres Cachirulo a Arxentina, entre outras.
Tamén se inclúen nestas modalidades 1 e 2 as actuacións e xiras a nivel estatal desenvolvidas por Baobab Teatro, Borja Fernández, Diego Anido, El Retrete de Dorian Gray, Eme2 Producións, Galitoon, Ibuprofeno Teatro, Inversa Teatro, ilMaquinario Teatro, La Macana, Matarile Teatro, Polo Correo do Vento, Producións Teatráis Excéntricas, Sarabela Teatro, Tanxarina Títeres, Teatro del Andamio, Teatro do Noroeste, Teatro Ensalle, Títeres Cachirulo ou Voadora.

Seguindo no ámbito escénico, a Agadic cofinanciou tamén a realización de 106 funcións dentro de Galicia como parte da modalidade 4 destas subvencións, á que este ano destinou un total de 103.051 euros.

Concertos e mercados internacionais

En canto á música, apoiáronse exclusivamente concertos fóra de Galicia, entre os que atopamos nomes como Budiño, Carlos Núñez, Leilía, Luar na Lubre, Radio Cos, Rosa Cedrón, Sumrrá e Xoán Curiel.

Por último, a Axencia Galega das Industrias Culturais achega un total de 55.624 euros a promover a cultura galega no exterior mediante a presenza das nosas empresas en destacadas feiras e mercados de diferentes ámbitos, como o da arte contemporánea (Este Arte, Art e Parc Lima, Arco, Arteba, London Art Show), audiovisual (Natpe Miami e Series Manía), editorial (Comicon Portugal, Expo Cómic Madrid e Feira de Guadalaxara en México), escena (Fism Italia, Fetén de Xixón, Dferia de Donosti, Mercartes, MADferia) ou música (South By Southwest), ademais doutros que abranguen as industrias culturais en xeral (Zincshower Madrid, Circulart, MICA Produce, Pública Madrid).

0
Etiquetado en: Agadic Música Subvencion Teatro

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Sábado, 21 Diciembre 2024