Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Carballo
4087

O filme mestura ficción e realidade para retratar a Costa da Morte, a súa paisaxe e as súas xentes, a partir da historia que protagonizan Monti Castiñeiras e Marta Lado.

A longametraxe galega ‘Sicixia’, do realizador Ignacio Vilar, inicia  o seu percorrido polo circuíto comercial coa súa estrea en 31 salas de 19 localidades galegas e cinco de España (Madrid, San Feliu de Llobregat, Tarragona, Valencia e Xixón). A producción da película de corre a cargo de Vía Láctea Filmes

A película presentouse en Carballo. coa participación de Evencio Ferreiro, alcalde de Carballo; José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, o director da Agadic, Jacobo Sutil
e unha representación do equipo de ‘Sicixia’ encabezada polo seu director, Ignacio Vilar, e o actor Monti Castiñeiras.

Continuar leyendo
0
4363

Celebrar a XXV edición do FIOT é unha oportunidade para festexar a chegada a este fito do noso camiño, un logro importante para unha proposta cultural que naceu e medrou modestamente, pero con coherencia e persistencia, e coa ambición de ser sólida e potente.

Vinte e cinco anos abrindo o telón á ilusión, á reflexión, á sorpresa, á beleza, ao encontro, á provocación, á experiencia, á compañía, á emoción… O Outono de Teatro non é un conxunto de espectáculos programados en outubro, é unha idea compartida e viva que xa moitos, desde o público ata os artistas ou todo tipo de colaboradores, evocamos na nosa memoria como algo máis que teatro, unha illa propia que compartimos.

Continuar leyendo
0
9586
O encontro reúne tanto compañías consolidadas como emerxentes de dentro e fóra de Galicia, ademais de grandes nomes da interpretación como Blanca Portillo ou Charo López. O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo presentou hoxe o programa da súa vixésimo cuarta edición, que desenvolverá do 25 de setembro ao 31 de outubro un amplo programa de exhibición e actividades paralelas co teatro como protagonista dunha carteleira composta por 34 espectáculos. Figuran nesta escolma títulos espectáculos procedentes de Galicia e do resto de España, así como de Portugal e Arxentina, entre os que se inclúen catro estreas absolutas e...
Continuar leyendo
0