Promoción da literatura, visibilización de autores e autoras, celebracións anuais ou recompilación da tradición literaria oral son algunhas das actividades da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) ás que a área de Cultura da Deputación da Coruña contribúe con 30.000 €.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias, asinaron o acordo de colaboración para o desenvolvemento do programa de actividade da entidade, centrado na promoción da literatura galega.