Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
ARIFI, é un proxecto de músicas de raíz/fusión, de recente creación. Aínda que nace en Galicia, a banda está formada por músicos de Venezuela, Bielorrusia e diferentes cidades de Galicia, a parte de contar con colaboracións de músicos de terras mediterránes. E é cara a este mar, o Mediterráneo, ao que mira a música de Arifi, xa que fusionan músicas de raíz, prestándolle maior atención ás músicas do norte da península, con ritmos e sonoridades árabo-andalusies.
O grupo está recibindo unha moi boa acolleita entre o público e crítica, aínda que non levan moito tempo sobre os escenarios. A clave está na originalidad do proxecto, a atractiva sonoridad e a entrega no escenario.
Arifi, dará moito que falar!
PROXIMAS DATAS
22/09/16 Casa das Crechas (Santiago)
24/09/16 Baba Bar (A Coruña)
07/10/16 Instituto Niemeyer (Avilés, Asturias)
08/10/16 Teatro de Vegadeo (Vegadeo, Asturias)
15/10/16 Teatro de Barakaldo (Euskadi)
11/11/16 Sala Garufa (A Coruña)
CONTACTO:
IRIA ESTÉVEZ
690773230
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.