O ciclo “Escritores/as na Universidade” chega á súa undécima edición.
Organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Secretaría xeral de Política Lingüística e a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o ciclo propón para este outono unha serie de mesas redondas que achegan ao alumnado universitario, e á sociedade en xeral, a oportunidade de escoitar e interactuar cos autores/as analizando a súa obra persoal, cada ano desde un prisma diferente que vén dado polo lema do ciclo, que nesta edición é “Teoría de contrarios”.