Forma parte da nova carteleira semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo, que acollerán 413 funcións de teatro, danza, música, maxia e novo circo ata finais de ano.
O público familiar mantén o seu protagonismo na nova oferta semestral dos circuítos de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que acollerán ata finais de ano 166 actuacións de teatro, danza, música, maxia e novo circo pensadas prioritariamente para os espectadores máis novos. Un total de 64 compañías, a maioría delas galegas, presentarán as súas últimas propostas infantís en 31 localidades da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo como parte dunha carteleira xeral conformada por 413 funcións escénicas e musicais.