Espectáculo de dous grandes da retranca galega, o debuxante Luis Davila e o actor e humorista Carlos Blanco.
Cheo absoluto na primeira representación na Coruña do espectáculo máis retranqueiro que podemos atopar estes días polo país adiante.
O bo humor e as gargalladas están garantidas xa que o binomio que forman estes dous grandes artistas galegos, Carlos Blanco e Luis Davila é moi difícil de superar en termos de calidade e de cantidade.