Entrevistamos ao gran Carlos Blanco, artista en toda a definición da palabra, actualmente inmerso en diversos proxectos.
Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa, é un actor e humorista, autor e director de ampla traxectoria. Traballou en filmes como “Heroina” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Cargo” de Clive Gordon. Tivo un pequeno papel en “VOLVER” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.
Espectáculo de dous grandes da retranca galega, o debuxante Luis Davila e o actor e humorista Carlos Blanco.
Cheo absoluto na primeira representación na Coruña do espectáculo máis retranqueiro que podemos atopar estes días polo país adiante.
O bo humor e as gargalladas están garantidas xa que o binomio que forman estes dous grandes artistas galegos, Carlos Blanco e Luis Davila é moi difícil de superar en termos de calidade e de cantidade.