Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
Subscribe to this list via RSS Blog posts tagged in 2015
10007
25 de Xullo de 2015,  Sol de xustiza e miles de persoas reunidas en Compostela para festexar o Día da Patria Galega. Ambente festivo e grande expectación por ser testigos desta festa da cultura galega. Grandes bandas e intérpretes convocados nun marco de incomparable beleza, como a Carballeira de Santa Susana de Compostela.  Tras un xantar multitudinario, amenizado con foliadas espontaneas, onde centos de músicos anónimos arráncanse a tocar polo simple feito de disfrutar. Tocando a música tradicional da terra, gaiteiros vocacionais, pandereiteiras, percusionistas e vocalistas de toda condición. Tras este petisco musical, despois dun primeiro acto que tivo lugar na...
Continue reading
4629
A organización deseñou unha nova distribución do recinto feiral para mellorar a experiencia dos creadores e do público que se darán cita no Pazo de Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, adiantou hoxe as que serán as liñas mestras e a imaxe gráfica da súa edición de 2015, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro coa palabra como protagonista do seu programa de actividades. Así mesmo, deseñouse unha nova distribución dos espazos e dos expositores co obxectivo de mellorar a experiencia...
Continue reading
0
Tagged in: 2015 Culturgal
7186
O encontro inclúe obradoiros, proxeccións, coloquios e a entrega do Premio Mulleres en Acción a Aurora Marco e do Xiria ao Labor Teatral a Luma Gómez A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe en Santiago o programa da súa trixésimo segunda edición, que desde mañá día 3 e ata o 11 de xullo ofrecerá un total de 18 espectáculos escénicos en diferentes espazos e rúas da localidade. Como en anos anteriores, o encontro completarase cunha ampla oferta paralela de obradoiros, proxeccións, coloquios e entregas de premios. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo...
Continue reading
0
4458
Os circuítos galegos de teatros e auditorios, de música ao vivo e de salas inician hoxe o segundo semestre de programación, durante o que ofrecerán un total de 402 funcións escénicas e musicais en 44 municipios Os tres circuítos de distribución profesional de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) –Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música ao Vivo e Rede Galega de Salas– ofrecerán durante 2015 un total de 828 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo. Esta carteleira anual, que hoxe abre o seu segundo período de programación, conta cun orzamento total de...
Continue reading
0
Tagged in: 2015 Agadic Investimento
9210
Tes algunha proposta que queras desenvolver no Culturgal 2015? A partir do 16 de xuño ábrese convocatoria dirixida a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega. Aquelas propostas seleccionadas pasarán a formar parte do programa da Feira, obtendo visibilidade e difusión entre profesionais, programadores, líderes de opinión e público xeral. Entre os criterios de selección primaranse os proxectos a estrear na Feira ou aqueles cuxo desenvolvemento estea en marcha, as iniciativas que impliquen colaboración entre empresas do mesmo ou diferente sector...
Continue reading
0
Tagged in: 2015 Culturgal