Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O sector editorial galego participa na feira Liber en Madrid

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4954
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4954

Kalandraka, de MC Sports, de Nova Galicia e de Arnoia dan a coñecer o seu traballo nun stand propio nunha das citas profesionais do libro máis importantes.

O sector editorial galego participa estes días en Madrid na nova edición da feira internacional do libro Liber, onde os selos Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións, xunto coa distribuidora Arnoia, contan cun stand propio para dar a coñecer o seu traballo e favorecer novas vías de negocio con outros axentes do sector.

Na xornada de hoxe, o secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación, Anxo Lorenzo, apoiou a participación do libro galego neste evento internacional, no que tivo ocasión de visitar os stands das catro empresas.

Encontro coa Fundación El Libro, organizadora da FIL de Buenos Aires
No marco da feira, o titular de Cultura, que estivo acompañado pola subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal, tamén mantivo unha reunión coa directora de Relacións Internacionais da Fundación El Libro, Ana Cabanellas, para seguir avanzando na planificación da participación de Galicia na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016, na que Santiago de Compostela será a cidade convidada.

Organizada por IFEMA e promovida pola Federación de Gremios de Editores de España, a trixésimo terceira edición de Liber prevé congregar desde hoxe e ata o 9 de outubro máis de 10.000 profesionais, coa participación de 407 empresas procedentes de 16 países.

Espazos para a promoción do libro galego
As feiras internacionais constitúen espazos de promoción, difusión e intercambio de produtos culturais galegos en diferentes ámbitos xeográficos. A presenza nestas citas internacionais contribúe á promoción exterior de obras e de autores e autoras galegas no exterior, ao tempo que ás empresas do sector lles facilita a oportu¬nidade de explorar novas vías de internacionalización da súa produción editorial.

Co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración coa Asociación Galega de Editores, o sector editorial galego tamén estará presente este mes na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, que se desenvolverá na cidade alemá do 14 ao 18 de outubro.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024