Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Guadi Galego abarrota o Castelo de San Antón

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4823
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4823

Guadi Galego abarrota o Castelo de San Antón – Festival Noroeste Pop Rock 2015, A Coruña

Comezaba o concerto de Guadi Galego puntual, ás 22.30h deste luns 3 de agosto nun marco incomparable de enorme beleza como é o Castelo de San Antón na Coruña, e moita xente aínda agardaba na cola para entrar. De feito, foi tal o éxito de asistencia que @s que tiveron que dar volta sen vela laiábanse de que o lugar escollido polo Concello para acoller este concerto quedara tan pequeno. Visto o visto, sería bo que en próximas convocatorias as organizadoras emplazaran a artistas de esta relevancia a ubicacións con máis aforo, posto que espertan moito máis interese do que o Concello tivo en previsión.

b2ap3_thumbnail_DSC06224.JPG

Dentro do recinto, e xa desde os primeiros acordes, Guadi e os seus músicos (Guillerme Fernández: guitarras, Paco Charlín: baixo eléctrico e Isaac Palacín: batería) metéronse o público no peto. A artista galega fixo un repaso do seu último disco “Lúas de Outubro e Agosto” intercalando tamén temas de traballos anteriores. En todo momento, conversou animadamente c@s asistentes chegando ao punto culminante cando tod@s corearon o retrouso de “Chea de Vida”.

b2ap3_thumbnail_DSC06233.JPG

Mais o momento especialmente agardado por tod@s foi cando Guadi interpretou o seu éxito Matriarcas, que como ela mesmo indicou, é unha canción “adicada a todas as mulleres da miña vida”.

 

Rematou a súa actuación cun “Viva a música galega” ao que o público respostou cunha grande ovación e moitos aplausos, polo que, á vista do éxito acadado, desde aquí animamos a que se dea máis pulo á musica en galego.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024