Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
Asinar via RSS Vendo postaxes com a TAG Programación
13724

O acordo inclúe concertos en distintos concellos e unha colaboración especial para conmemorar o 800 aniversario de Betanzos.

O presidente e a vicepresidenta da Deputación, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participaron no acto de sinatura do acordo para o financiamento do programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia que tivo lugar na sede institucional provincial. A Deputación da Coruña comprométese a unha achega de 1.500.000 € que supón o 74,627 % do orzamento total de 2.010.000 €.

Continuar lendo
0
12435

O Día das Letras, os Premios Gaudí, a mostra (S8), o 25º aniversario da Escola de Imaxe e Son da Coruña, o cine postpunk da distribuidora Lux ou os filmes de Abderrahmane Sissako atopan tamén espazo nesta nova oferta bimestral.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia esta semana a súa última carteleira da temporada 2015-2016 co programa cinematográfico ‘Novos cinemas na antiga Iugoslavia. 20 anos despois de Dayton’, a través do que se propón unha reflexión sobre o intento de reconstrución dunha sociedade destruída pola guerra.

Continuar lendo
0
10349

O martes 15 de marzo conmemórase o aniversario da inauguración do Centro Galego de Artes da Imaxe cun pase especial de tres pezas inéditas rodadas por Ángel Blanco entre 1929 e 1931 e que forman parte do fondo depositado por Alberto Martí.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) celebra este martes 15 de marzo o vixésimo quinto aniversario do inicio da súa actividade cun balance de máis de 300.000 espectadores e 7.500 títulos programados. Desde a súa inauguración na Coruña o 15 de marzo de 1991, o seu equipo vén traballando na recuperación, conservación e difusión do noso patrimonio fílmico e fotográfico, así como na promoción entre a sociedade galega dun maior coñecemento do cinema e das artes da imaxe en xeral.

Continuar lendo
0
10677

A programación terá lugar en 41 espazos deste circuíto, consolidado como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional

Presentouse a nova programación semestral da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que ofrecerá ata xuño 317 representacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo en 41 espazos de toda Galicia. Segundo explicou, esta cifra supón un aumento de preto do 25% no número de funcións contratadas respecto ao mesmo período do ano pasado, porcentaxe que reflicte á súa vez a consolidación deste circuíto como a principal canle para a exhibición dos espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.

Continuar lendo
0
6503
A programación inclúe grandes nomes da dirección e da interpretación teatral, como Magüi Mira, Tamzin Townsend, Concha Velasco, Charo López ou Silvia Marsó O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a súa nova temporada de actividade, que inclúe ata finais de decembro un total de 31 espectáculos de teatro, danza e concertos de distintos estilos a cargo tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española. O director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa na que deu conta...
Continuar lendo
0