Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
Asinar via RSS Vendo postaxes com a TAG Premios
7545

A gala tivo lugar no Teatro Principal do Concello de Santiago de Compostela e estivo conducida pola actriz Iria Pinheiro.

Vén de rematar a II Gala do Libro Galego. Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, foron determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), da Asociación Galega de Editoras e da Federación de Librarías de Galicia, entidades convocantes da Gala do Libro Galego 2017.

Continuar lendo
0
5193

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores celebraron o sábado 14 de maio a I Gala do Libro Galego.

A I Gala do Libro Galego, tivo lugar no Teatro Principal do Concello de Santiago de Compostela. Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, foron determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), da Asociación Galega de Editoras e da Federación de Librarías de Galicia.

Continuar lendo
0
4680
O 30 de marzo celebrarase a gala de entrega no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O Salón Teatro en Santiago acolleu presentación dos espectáculos e profesionais finalistas aos XX Premios María Casares, que se entregarán o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 14 espectáculos acadaron algunha candidatura nos 14 apartados nos que se dividen estes galardóns. Ao acto organizado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e presentado por Nieves Rodríguez, actriz e vogal desta entidade, acudiu a maior parte dos finalistas dunha edición na que que se realiza por vez...
Continuar lendo
0
5672

As catro categorías recoñeceron as mellores actuacións dos concellos polos que discorre o Camiño, as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, as pemes e as actividades de carácter académico, investigador ou educativo máis destacadas

Os galardóns da I Edición dos Premios Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia, foron entregados esta mañá nun acto celebrado na Cidade da Cultura que contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xerente de Xacobeo, Rafael Sánchez, entre outras autoridades.

Continuar lendo
0