'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' amosa obras de autores actuais como Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad ou David Rubín
'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego', unha das exposicións que se programaran ao abeiro do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra, vén de ser inaugurada esta tarde no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, onde poderá visitarse ata o 12 de febreiro. No acto de apertura estiveron presentes o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o rexedor da localidade, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández.