O pasado 15 de decembro celebrouse no Teatro Colón da Coruña o concerto que pecha as homenaxes ao gran poeta galego Manuel María.
O poeta chairego é a quen foi adicado este ano o Día das Letras. “A música amorosa das palabras” clausura os actos que tiveron lugar perante estes doce meses, mais non da por finalizado o espallamento da súa obra que leva a cabo, dun xeito fermoso e incansábel, a Fundación Manuel María, organización encargada de achegar a súa obra a todos os recunchos do país. Esta entidade ten o obxectivo de manter a memoria e o legado do poeta chairego, así como a súa investigación e divulgación.