A novela "Luns", da escritora Eli Ríos, resultou gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester convocado só para obras en galego. A gañadora recibirá 25.000€, a maior contía dos certames convocados na literatura galega.
O xurado, composto por Ramón Nicolás Rodríguez, Mercedes Queixas Zas, Eva Moreda, Ledicia Costas e Mario Regueira con Mercedes Fernández-Albalat de secretaria e Goretti Sanmartín de presidenta decidiu conceder, por maioría, o Premio Torrente Ballester para novelas en galego á obra Luns, de Eli Ríos.
O ciclo “Escritores/as na Universidade” chega á súa undécima edición.
Organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Secretaría xeral de Política Lingüística e a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o ciclo propón para este outono unha serie de mesas redondas que achegan ao alumnado universitario, e á sociedade en xeral, a oportunidade de escoitar e interactuar cos autores/as analizando a súa obra persoal, cada ano desde un prisma diferente que vén dado polo lema do ciclo, que nesta edición é “Teoría de contrarios”.