Promoción da literatura, visibilización de autores e autoras, celebracións anuais ou recompilación da tradición literaria oral son algunhas das actividades da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) ás que a área de Cultura da Deputación da Coruña contribúe con 30.000 €.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias, asinaron o acordo de colaboración para o desenvolvemento do programa de actividade da entidade, centrado na promoción da literatura galega.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a celebración da próxima edición de Culturgal, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a realización conxunta de actividades enmarcadas na vindeira oitava edición da Feira das As dúas entidades asumen deste xeito o compromiso para...