Entre os premiados tamén se atopa Miguel Vial e as obras 'A viaxe de Gagarín' de Agustín Fernández Paz, 'Historia da literatura galega II' de Xosé Ramón Pena Sánez e 'Pan, Pan' de A Panadaría Teatro.
A Fundación Premios da Crítica Galicia entregou os seus galardóns que nesta edición foron na categoría de música, para Guadi Galego; na categoría de iniciativas culturais, para Cineuropa; para Miguel Vila, na modalidade de cultura gastronómica; na de artes plásticas, para Xaquín Marín. En creación literaria a obra premiada foi “A viaxe de Gagarin” de Agustín Fernández Paz; en investigación, resultou galardoado o traballo “Historia da literatura galega II” de Xosé Ramón Pena Sánchez, e finalmente en artes escénicas a obra “Pan, Pan” de A Panadaría Teatro.