A Filmoteca de Galicia é unha das sedes desde encontro de cine de terror, dentro do que o mércores 28 proxectará 'El ataque de los muertos vivientes' e o xoves 29, 'La noche del terror ciego' coa presenza dunha das protagonistas, a danesa Lone Fleming.
O festival Freakemacine presentou hoxe no CGAI o programa da súa 7ª edición, que se desenvolverá do 26 de outubro ao 1 de novembro na Coruña. A filmoteca galega será unha das sedes das proxeccións e actividades paralelas, entre as que destaca a homenaxe ao coruñés Amando de Ossorio, un dos grandes nomes do xénero de terror.