Organizado pola Area de Cultura da Deputación da Coruña, acolle obradoiros, mesas redondas e presentacións artísticas os días 8 e 9 de abril dentro do programa 'A cultura é un dereito'.
Continúa o programa "A Cultura é un dereito" coa organización das xornadas "Mulleres e innovación nas artes intermedias" que terán lugar os días 8 e 9 de abril que contan co comisariado de Rosa Sánchez, directora da compañía de danza e teatro Konic e tamén directora do festival Internacional Ecoss, ecosistemas do inesperado, de Barcelona.