Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Premio da Cultura Galega para o Museo de Pontevedra

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 5364
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
5364

A Deputación organiza un acto de recoñecemento ao Museo con música, poesía, danza e improvisación oral para celebrar a concesión deste premio, que terá lugar o sábado día 4 de Febreiro, ás 19:00 horas, no Sexto Edificio.

Baixo o epígrafe "Museo de Pontevedra. Pasado, Presente, Futuro" a Deputación organiza un acto para compartir coa cidadanía e cos traballadores e traballadoras do Museo o Premio da Cultura Galega, concedido á institución museística no apartado Patrimonio Cultural. O acto, que estará presidido pola presidenta do ente provincial, Carmela Silva, terá lugar o vindeiro sábado día 4 de febreiro, ás 19:00 horas, no Sexto Edificio. Así o anunciaron esta mañá o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle. Todas as persoas interesadas en asistir a este acto poderán facelo, previa recollida do correspondente convite no mostrador de entrada do Sexto Edificio; a partir desta tarde poderán recollerse dous convites por persoa.

"Con este acto institucional queremos introducir, ademais, novas disciplinas que conecten coa idea de pasado, presente e futuro desta institución", indicou Xosé Leal. O deputado fixo públicas as actuacións previstas, a través das que se tratará de conxugar tradición con contemporaneidade. Así, a primeira actuación corresponderalle ao violinista Sergio Heredia, quen interpretará pezas de Manuel Quiroga, nunha clara referencia á historia e aos fondos do Museo. Tamén fará unha breve intervención a cantautora Alba María, acompañada do músico Felipe Villar, que interpretará un tema de composición propia incluído no seu traballo Aínda e unha peza repentizada, isto é, unha performance literaria a través da improvisación oral. No eido da perfomance tamén terá presenza a poeta Tamara Andrés, que será a encargada de poñer sobre o escenario unha peza na que combinará poesía e audiovisual. Por último, a música tradicional, combinada con danza contemporánea e con baile tradicional, correrá a cargo de Davide Salvado, que estará acompañado de Daniel Pardo e Rosi Leiro. "Temos un Museo cun pasado excepcional, cun presente no que destaca por ser un Museo de referencia, tanto pola colección permanente como polas exposicións temporais, e cun futuro no que queremos que siga sendo un espazo vivo e chegar a novos públicos; neste sentido parécenos moi axeitado introducir elementos novos para que a xente se sinta identificada con este Museo", asegurou Xosé Leal.

Ademais do apartado artístico, o acto contará coas intervencións institucionais do propio deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e do director do Museo, Carlos Valle, que intervirá no nome de todo o equipo da institución museísitica.

Carlos Valle, pola súa banda, volveu facer fincapé en que o Premio da Cultura Galega debe servir "para seguir traballando con máis ilusión aínda se cabe". O director do Museo asegurou que se trata dun "premio colectivo e dun premio moi ben recibido". Valle afirmou que o Museo de Pontevedra posúe "pezas excepcionais e de vital importancia na historia da cultura galega" e indicou que este premio "non corresponde ao labor dunha persoa en concreto senón a toda unha traxectoria". Neste sentido, lembrou que a historia da institución se debe remontar a 1894., coa creación da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, á que cualificou como os verdadeiros inicios do Museo de Pontevedra, que se creou en 1927 e que en 1929 contou co primeiro padroado, que denominaría como primeiro director a Casto Sampedro.

O Premio da Cultura Galega, concedido ao Museo de Pontevedra, foi recollido o pasado 23 de xaneiro por Carlos Valle na Cidade da Cultura. No acto institucional de entrega destes premios o director do Museo reivindicou a importancia da institución na preservación e conservación do amplo patrimonio artístico que conforma a súa colección permanente e remitiuse á cita de Sánchez Cantón "bastante constancia, moito traballo e máis amor" para continuar co legado da institución.

0
URL Trackback para esta Postaxe

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024