Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

O foro FEED 2015 analizará na Coruña as novas disciplinas do deseño na vertente industrial e cultural

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 3993
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
3993

Organizado pola Asociación Galega de Deseñadores desenvolverase o 20 e o 21 de novembro na Fundación Luis Seoane e no Auditorio de ExpoCoruña.

Deseñadores de toda España participarán os días 20 e 21 de novembro na Coruña no Foro de Deseño FEED 2015, para o que a Asociación Galega de Deseñadores (DAG) conta co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A Fundación Luis Seoane e o Auditorio de ExpoCoruña serán as sedes destas dúas xornadas, que se articularán arredor de seminarios e conferencias coas intervencións de oito destacados profesionais do sector tanto a nivel galego como internacional.

A organización adiantou hoxe o programa da terceira edición deste foro bienal, que promove co obxectivo de lles ofrecer aos profesionais do sector un espazo para compartir experiencias, satisfacer as demandas de formación continua por parte dos deseñadores galegos e propiciar a reflexión e o debate. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, interviñeron nesta presentación xunto ao concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande; o director-xerente da Fundación Luis Seoane, David Barro; e o presidente da DAG, Suso Vázquez.

Identidade colectiva
Anxo Lorenzo incidiu na importancia que na actualidade ten o o deseño –xa sexa gráfico, de produto ou web– tanto como motor de desenvolvemento económico como de expresión cultural. Neste sentido, subliñou o seu peso específico no conxunto das industrias culturais, ao tempo que o seu papel como factor fundamental da nosa identidade colectiva.

O director da Agadic tamén fixo referencia a esta dobre vertente industrial e cultural do deseño, ademais de lle expresar o seu apoio á organización do FEED na súa vontade de se converter nun evento de referencia para o sector no Noroeste peninsular e, especialmente, “no seu afán por conseguir unha maior proxección exterior e social do gran traballo que están a desenvolver os deseñadores galegos”.

Dirixido tanto a profesionais e estudantes de deseño como a calquera persoa interesada neste ámbito, o programa deste ano arrancará o venres 20 de novembro cun seminario de Massimo Menichinelli, investigador e impulsor de proxectos abertos, colaborativos e de deseño, como o MUSE FabLab de Trento e Milán. Menichinelli compartirá a súa experiencia no deseño de laboratorios para comunidades, comezando polos usuarios e acabando polo modelo de negocio.

'Deseño e narrativas para Big Data' é o título do segundo seminario do FEED 2015, que terá lugar na mañá do sábado 21 e será conducido por Javier Cañada, especialista en deseño de interacción e colaborador independente de multinacionais no desenvolvemento de estratexias de deseño, definindo sistemas e experiencias para todos os seus canais dixitais.

Tanto Massimo Menichinelli como Javier Cañada participarán, así mesmo, nas sesións de tarde, dedicadas a charlas especializadas nas que tamén intervirán Pepe Barro, Miguel Sabel, Óscar Otero, Marta Verde, Álvaro Valiño e Raquel Pelta.

As entradas para asistir ás diferentes actividades programadas nesta nova edición do Foro de Deseño poderán mercarse proximamente en www.dag.gal/feed2015.

0
URL Trackback para esta Postaxe

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 22 Decembro 2024