Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

O FIC Bueu proxecta 60 curtametraxes de 23 países en nove días

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4396
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4396

A sección dedicada a Galicia inclúe ‘Eco’, de Xacio Baño; ‘Disney’, de Jorge Saavedra; ‘Monstruo’, de David Rodríguez Muñiz, ‘Fres-Boi’, de Paloma Canonica e Cristina Vilches; ‘The Walker’, de Adán Aliaga; e ‘Lurna’, de Nani Matos.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FIC Bueu) proxecta entre os días 10 e 18 de setembro un total de 60 obras procedentes de 23 países, ademais de ofrecer distintas actividades gastronómicas e turísticas centradas na promoción do cinema desde esta vila pontevedresa.

Organizado polo Cineclub Bueu, o FIC chega a súa novena edición co obxectivo de servir de plataforma de difusión ás creacións cinematográficas de menor duración e facilitar así o acceso do público á selección de fitas de diversos xéneros e estilos realizada polo Festival entre os máis de 1.500 títulos recibidos de preto de cen países.

O Museo Massó da vila acolleu a presentación do programa completo do certame, nun acto no que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil; o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal; e mais o director do FIC Bueu, Manuel Pena.

O festival destaca tanto na valía artística como na profesionalidade na súa xestión, e entra así a formar parte dunha listaxe na que se atopan outras citas tan importantes para o desenvolvemento audiovisual da nosa Comunidade como o Play-Doc de Tui, o Festival de Cans, o (S8) da Coruña, o Curtocircuíto de Santiago de Compostela e o Festival de Cine fantástico Freakemacine, tamén da Coruña.

Participación galega

Destacou tamén as sinerxías establecidas polo festival con distintos colectivos sociais de Bueu para acadar unha programación complementaria que incida na promoción turística; e sinalou especialmente a participación dos seis filmes feitos por creadores galegos ou de produción galega: ‘Eco’, de Xacio Baño; ‘Disney’, de Jorge Saavedra; ‘Monstruo’, de David Rodríguez Muñiz, ‘Fres-Boi’, de Paloma Canonica e Cristina Vilches; ‘The Walker’, de Adán Aliaga; e ‘Lurna’, de Nani Matos.

Os países máis representados nesta edición do FIC Bueu son Francia, España, Estados Unidos e Reino Unido, aínda que tamén se recibiron títulos desde Nova Zelanda, Irlanda, Paraguay ou Palestina, entre outras procedencias. Na sección oficial, para a que se introduce a venda de localidades, concorren 20 pezas, ademais das seis encadradas na sección Galicia, que entran tamén na competición polos galardóns do festival. O resto das curtas agrúpanse nos apartados de Comedia, Animación, Iberoamérica e Panorama.

Máis que cinema

Á parte da carteleira de proxeccións, na que tamén están programadas sesións específicas para escolares, o FIC Bueu ofrecerá unha conferencia sobre Stanley Kubrick, un relatorio sobre a distribución de curtas, unha masterclass centrada na gravación con cámara reflex, un obradoiro de curtametraxes e un encontro co actor Celso Bugallo. O programa complétase con outras accións para a dinamización do pobo, tales como a ruta gastronómica ‘Tapas 5 Estrelas’, un percorrido guiado polo sendeiro do litoral que leva a Cabo Udra e un paseo pola ría a bordo dunha embarcación tradicional.

Todos os pases terán lugar no Centro Social de Bueu. O mesmo espazo acollerá este venres a inauguración oficial do festival cunha conferencia sobre os inicios do cinema galego a cargo do catedrático José Luis Castro de Paz e a proxección de Miss Ledyia, considerada a primeira película de ficción galega restaurada recentemente polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Venres, 13 Decembro 2024