Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

As mulleres rockeiras triunfan no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4471
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4471

Bala, da Coruña, e MJPérez de Arzúa gañan o primeiro e o segundo premio

As novas mulleres do rock impóñense no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña. O xurado decidiu que o primeiro premio fose para a banda Bala, da Coruña, e o segundo para MJPérez, de Arzúa.
Por volta de media noite e despois dunha longa deliberación, o xurado do VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, inclinouse polo dúo Bala, da Coruña, como gañador. A banda de Ánxela e Violeta facíase co primeiro posto do concurso logo dun concerto colectivo que se celebrou na sala O Túnel, do Coliseo da Coruña, no que participaron os cinco grupos finalistas ademais de Ataque Escampe e The Loco como convidados.

Un xurado composto por profesionais do sector como Ana Belén Tajes, Roberto Casteleiro e Marcos Payno, con Mercedes Fernández-Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsable da Área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta, decidiron que o primeiro e o segundo premio fosen para as dúas propostas presentadas por mulleres. No fallo valoraron que o grupo Bala "que, para alén da súa alta calidade musical, representa a expresión do dinamismo musical da actualidade".
O segundo premio foi dar en MJPérez, de Arzúa, que se facía co segundo posto despois dun intenso debate en que o xurado tivo en conta tamén a súa "posta en escena e a emoción que transmite a combinación de música e palabra ademais dunha proposta moi ben trabada".
The Trunks de Sada fixéronse co terceiro posto e Jamie Fifthring & The Fearg e Two Faces co cuarto e quinto. O premio está dotado con 3.000 € para a banda gañadora e 2.000, 1.500 e 1000 para segunda, terceira e cuarta e quinta clasificadas.
"O xurado valorou a forte aposta das dúas propostas de mulleres e iso mostra que hai unha nova xeración que está a irromper con forza nun mundo como o do rock que non tiña no noso país moita presenza feminina. Tanto Bala como MJPérez convenceron pola súa forza e a súa calidade e agardamos que o premio serva para facelas máis visíbeis no actual panorama musical", sinalou Goretti Sanmartín.
As bandas gañadoras
Bala son Ánxela e Violeta, un dúo de guitarra e batería da Coruña cun son que lembra aos grupos de rock dos 90, cunha mestura de influencias que van desde o grunge ao stoner pasando polo punk. Despois de participaren noutros proxectos comezan como Bala no verán de 2014. A finais de novembro nace o seu primeiro disco e en decembro tocan ao vivo na gala dos II Premios Martín Códax da Música. Participan en festivais como Wosinc, Nordestazo, She´sThe Fest ou Emarock.
MJPérez, de Arzúa, é unha das novas voces do panorama actual da música galega que inicia o seu percorrido en 2014. Con dous discos e máis de 50 concertos estivo xa presente en festivais e circuítos musicais galegos. Acompaña á escrita Mercedes Leobalde en diversas presentacións dos seus libros "Chamádeme Eva" e "Funambulistas". Estivo tamén presente no festival Noroeste Pop Rock.
O Premio Musical Deputación da Coruña conclúe a súa VIII edición despois de que o pasado ano recoñecese o traballo das bandas Sandford Music Factory, Pölisong, True Mountains, Biribirlocke e Strikeback.

 
 
0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 22 Decembro 2024