Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Actos previstos para a celebración do Día de Rosalía de Castro

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 15479
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
15479

Resumo das actividades promovidas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que se desenvolverán o venres, 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza, como xa fixo en anos anteriores, un amplo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, data do seu nacemento.

A AELG busca institucionalizar ese Día de Rosalía de Castro como unha xornada de celebración da nosa literatura, animando á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día.

Ademais do acto central, celebrado o pasado día 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG organiza en colaboración coa súa base asociativa estoutras lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro:

  • Ás 18.30, no Centro Socio Cultural de Friol. Coa colaboración do Concello de Friol, a A. C. Xesta verde e a Asociación de Recreación Histórica Castronela. Coordina Antonio Reigosa (655 432 511)
  • Ás 18.45, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real,12) e Centro Cívico (Rúa Oliva,12), de Vigo. Ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, percorrido até o Centro Cívico e lectura pública da obra de Rosalía de Castro. Coa colaboración do Concello de Vigo e da A. C. O Castro. Coordina Marta Dacosta (608 081 608)
  • Ás 19.00, na Biblioteca Municipal Ágora (Lugar da Gramela, 17) da Coruña. Coa colaboración do Concello da Coruña e a Biblioteca. Coordina Mercedes Queixas (628 743 764)
  • Ás 20.00, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204). Coa colaboración do Ateneo Ferrolán. Coordina Rosa Méndez Fonte (607 755 914)
  • Tamén ás 20.00, na Casa da Cultura de Vilalba. Coa colaboración do Concello de Vilalba e Culturalia GZ. Coordina Martiño Maseda (650 798 054)

En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou a escritora Ledicia Costas.

A AELG dá conta destes e doutros actos convocados por diversas entidades nesta páxina, e convoca a cidadanía a participar de todas esas actividades.

 

0
URL Trackback para esta Postaxe

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Xoves, 21 Novembro 2024