Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Participa no programa Culturgal 2015

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 9210
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
9210

Tes algunha proposta que queras desenvolver no Culturgal 2015? A partir do 16 de xuño ábrese convocatoria dirixida a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega.

Aquelas propostas seleccionadas pasarán a formar parte do programa da Feira, obtendo visibilidade e difusión entre profesionais, programadores, líderes de opinión e público xeral. Entre os criterios de selección primaranse os proxectos a estrear na Feira ou aqueles cuxo desenvolvemento estea en marcha, as iniciativas que impliquen colaboración entre empresas do mesmo ou diferente sector e as propostas que incidan na participación do público achegando a este os procesos creativos. Así mesmo consíderanse con vantaxe as actividades que procedan de empresas asociadas ás entidades que forman parte da Asociación Culturgal ou daquelas que contraten un stand.

En 2015 a organización irá seleccionando as propostas a medida que sexan recibidas, facendo pública periodicamente o avance da programación da Feira. Ademais Culturgal pon en marcha un proceso de selección específica para os espectáculos que teñen lugar o sábado 5 pola noite e o domingo 6 pola mañán no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Culturgal 2015 articúlase en base ás seguintes grandes áreas ou sectores: Libro, Música, Artes Escénicas, Audiovisual, Infantil (cun espazo dedicado á programación específica para bebés). A organización da Feira procura un deseño espacial e un percorrido que sexan cómodos e sinxelos, tanto para facilitar que o público xeral teña unha experiencia satisfactoria cun itinerario que atenda aos seus intereses persoais como para que todas aquelas entidades e creadores presenten os seus proxectos na feira nas mellores condicións.

O Culturgal é un espazo para a mostra colectiva de espectáculos e propostas artísticas en formatos express ou showcase dirixidas principalmente a públicos específicos, formadores de opinión e programadores. Non contemplamos o pago de cachés por entender que a mostra é un espazo de difusión e de posicionamento de productos e espectáculos, así mesmo a exhibición de propostas é unha achega corresponsable que redunda no ben común e na autoestima da cultura galega. Nas actividades que se desenvolvan ao vivo na Feira a organización fará unha achega económica para compensar os gastos de artistas e creadores/as.

Consulta as bases coas condicións e criterios de seleccións e presenta a túa proposta enviando o formulario de inscrición a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. até o vindeiro 30 de setembro.

Fonte: culturgal

0
Etiquetado en: 2015 Culturgal

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 13 Diciembre 2024