Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O IX Festival Pórtico do Paraíso ofrecerá sete concertos e encontros arredor da música culta

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 33278
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
33278

A carteleira inclúe recitais de Les Éléments, Katonia Twins Guitar Duo, Manuel Vilas, Capella Duriensis, Emilio Villalba e Sara Marina, laReverdie e Spanish Brass Luur Metalls.

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ celebrará a súa novena edición do 4 ao 13 de marzo cunha programación que inclúe sete concertos a cargo de formacións de cámara procedentes de varios países, unha conferencia de Cecilia Rodrigo e varios encontros entre intérpretes.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración deste evento a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de contribuír á difusión da música culta en Galicia da man de prestixiosas formacións e solistas especializados nos repertorios clásico e contemporáneo.

O festival, que este ano presenta como principal novidade a ampliación do seu programa ás localidades de Celanova e de Esgos, foi presentado hoxe nun acto no que participaron o director da Agadic, o alcalde de Ourense, e o presidente da Asociación Pórtico Musical, colectivo organizador do evento xunto co concello ourensán. Tamén estiveron presentes os alcaldes de Esgos e de Celanova.

Nas intervencións destacáronse como valores do festival o de “cumprir con garantía e con responsabilidade” a súa tarefa principal de servir de plataforma para o coñecemento entre o público galego de propostas musicais que gozan do éxito actual, así como o de poñer en valor espazos singulares do noso patrimonio arquitectónico “coa acollida de recitais en escenarios especiais tanto para os artistas executantes como para o público”, expresou.

Da música medieval á actual
Así, na cidade de Ourense, a catedral de San Martiño acollerá o venres 4 de marzo o concerto inaugural deste IX ‘Pórtico do Paraíso’, protagonizado polo coro de cámara francés Les Éléments. O domingo 6 a programación trasladarase á Igrexa de Santa María Nai, onde actuará o dúo húngaro de guitarras Katonia Twins Guitar Duo, en tanto que o arpista Manuel Vilas ofrecerá un recital o 9 de marzo no Museo Arqueolóxico. O 11 de marzo, a ‘ensemble’ medieval italiana laReverdie tocará na Igrexa de Santa María Nai e o quinteto de vento metal Spanish Brass Luur Metalls ocupará o Teatro Principal o domingo 13 de marzo, na que será a última cita do festival deste ano.

Ademais, o Mosteiro de San de Pedro de Rocas, en Esgos, acollerá o 5 de marzo o dúo de música medieval que integran Emilio Villalba e Sara Marina; e o Mosteiro de San Salvador de Celanova será o escenario que reciba 12 de marzo o coro de cámara portugués Capella Duriensis. Estes dous concertos contan coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

O programa paralelo desta novena edición complétase cunha conferencia a cargo de Cecilia Rodrigo, filla do mestre Joaquín Rodrigo, que terá lugar o 7 de marzo no Liceo de Ourense, así como os encontros instrumentais con Manuel Vilas e con laReverdie que se desenvolverán no conservatorio de Música CMUS de Ourense.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024