Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Ignacio Vilar: "Sicixia é un tributo á forza das mulleres da Costa da Morte"

por en Visiones
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 16741
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
16741

Entrevistamos a o gran director de cinema Ignacio Vilar, que, despois do exitazo de "A Esmorga", ven de presentar recentemente o filme "Sicixia", galardoado co Prix de la Meilleure Interpretation Féminine 2016 no Cinespaña de Toulouse para Marta Lado.

O director Ignacio Vilar viviu a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense, Galicia). Nas noites frías do inverno, arredor do lume da lareira dos seus avós, escoitou historias inmemoriais en galego. A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas á calor do lume farán espertar e alimentarán logo a súa paixón polo cinema.

Aos oito anos olla por primeira vez un filme e queda abraiado. Para el, a luz que cintila na pantalla é a mesma que reflicte o lume na lareira. O cinema convértese no medio para seguir contando historias. Na adolescencia permanece interno nun colexio da cidade de Ourense. Sae para ollar cinema no cine Xesteira, no Mari, no Principal, no Avenida, no Losada.

Aos dezaoitos anos trasládase a Barcelona e alí, na Universidade Central, funda unha escola de cine, na que se estudan as grandes películas da historia, así como a montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Inicia tamén un proxecto de difusión de filmes polos barrios de Barcelona, polas cidades, vilas e aldeas de Catalunya. Na Filmoteca ten a oportunidade de coñecer o mellor cine do mundo.b2ap3_thumbnail_ignacio-vilar-2.jpg

En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión Ollo Birollo, volve a Galicia e monta a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión. Tamén dirixe ás longametraxes Ilegal (2001), Un bosque de música (2003), Pradolongo (2007), Vilamor (2011) e A Esmorga (2014).

SICIXIA Do gr. syzygia ‘union’. Literalmente par, normalmente de opostos, que casan, unen ou enganchan.

Astronomía: Aliñamento de tres astros ou máis corpos celestes do mesmo sistema gravitacional. Exemplo: posición do Sol, a Terra e a Lúa durante un eclipse ou durante unha lúa nova ou lúa chea. 2016. Longametraxe en Cine Dixital/Alta Definición (HD). 100 minutos. Paseo polo amor e a Costa da Morte. Actores: Xiao (Monti Castiñeiras), Olalla (Marta Lado), Alís (Arantza Villar), Raquel (Melania Cruz), Santiago (Artur Trillo), Pedro (Dani Trillo), Navea (Tamara Canosa). Rodaxe:

1ª fase: do 3 ao 6 de xullo de 2015

2ª fase: do 22 de febreiro de 2016 ao 25 de marzo de 2016.

Lugares de rodaxe: Provincia da Coruña: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Corcubión, Cee, Cerceda, Dumbría, Fisterra, Gaiás (Santiago de Compostela), Muxía, Zas. Provincia de Pontevedra: Sabucedo (A Estrada), Illa de Arousa.

Estrea: 25 de novembro de 2016. Dirixida por Ignacio Vilar

Esta é a entrevista que lle fixemos:

 

1. Defínete en dúas palabras.

  Un rapaz de aldea ou, coma quen di, un ninguén.   b2ap3_thumbnail_Presentacin-Sicixia_Ignacio_Vilar_e_Monti-Castieiras.jpg

 

2. ¿Como te sintes máis cómodo: como director ou como guionista?

  Como director.  

 

3. ¿A que soa “Sicixia”? ¿Como xurde a idea do filme?

Ao bater das ondas cantís da Costa da Morte, á riqueza dos sotaques das súas xentes, aos bolillos de Camariñas, etc.   

 

4. A Igualdade de Xénero como fío conductor da historia. ¿Cal foi a motivación para esta liña argumental?  

É un tributo á forza das mulleres da Costa da Morte, encarnada polo personaxe de "Olalla" (Marta Lado).

 

5. Según tes contado, non foi posíbel a estrea no resto do Estado de “A Esmorga” até que foi un éxito en Galiza, ¿a que pensas que se debe íso?

A que os exhibidores arriscan pouco con cinema indepentente e que a forza comercial das superproducións permítelles acaparar todas as salas. Todo isto é resultado dunha política competente para apoiar a distribución e exhibición do cinema do país, tal e como acontece en Francia, por exemplo.  

 

6. ¿Hai un Ignacio Vilar antes e despois de “A Esmorga”?

Hai un Ignacio Vilar despois de cada película. O cinema é coma un espello no que nos reflictimos e que nos axuda a crecer coma persoas e seguir xogando coas túas pantasmas.

 

7. Da túa traxectoria como director, ¿podes sinalar cal foi o filme que máis che encheu o corazón?

Non podo pronunciarme porque cada filme acada encherme o corazón en diversos momentos da miña vida...  

 

8. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

A nosa cultura atópase nun momento crítico pero a única posibilidade de que non esmoreza é que cada galega e galego asuma á súa responsabilidade á marxe da labor da Administración.  

 

9. ¿Qué pensas ti que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

Falar sempre en galego, participar en todo acto cultural organizado a prol da promoción da nosa cultura. Por exemplo: teatro, cinema, música, exposicións en galego e/ou relacionadas co noso patrimonio.

 

10. ¿Vivir do cine en galego, quimera ou realidade?

Unha realidade demostrada por A ESMORGA.   b2ap3_thumbnail_prensa_09AESMORGA1.jpg

 

11. O cinema galego, e a cultura galega en xeral, recibe moitos premios internacionais. ¿Somos máis valoradas fóra?

O certo é que, por exemplo con "SICIXIA" estamos comprobando que se hai unha historia detrás, estase a valorar moito o filme e certamente sería moi positivo que a sociedade galega valorase igualmente o noso cinema.  

 

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)

"Esmorga" foi o termo máis buscado no dicionario da Real Academia Galega esta semana. O cinema galego segue facendo historia: "A ESMORGA" foi o primeiro filme emitido en versión orixinal (galego) en TVE.

(http://www.rtve.es/alacarta/videos/version-espanola/version-espanola-esmorga-presentacion-coloquio/3820558/)

Imaxes: Vía Láctea Filmes, S.L. e Tuplace

 

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 13 Diciembre 2024