Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A escritora Eli Ríos gaña o primeiro Premio Torrente Ballester para obras en galego

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 6913
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
6913

A novela "Luns", da escritora Eli Ríos, resultou gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester convocado só para obras en galego. A gañadora recibirá 25.000€, a maior contía dos certames convocados na literatura galega.

O xurado, composto por Ramón Nicolás Rodríguez, Mercedes Queixas Zas, Eva Moreda, Ledicia Costas e Mario Regueira con Mercedes Fernández-Albalat de secretaria e Goretti Sanmartín de presidenta decidiu conceder, por maioría, o Premio Torrente Ballester para novelas en galego á obra Luns, de Eli Ríos.

O xurado destacou que a novela está construída arredor dunha protagonista que é unha "personaxe feminina perfilada con solvencia que se bota un pulso a si mesma ante unha situación vital dramática".

Valorou na obra de Eli Ríos a súa "capacidade de reflexionar sobre as duras circunstancias que acontecen na súa vida, cunha perspectiva de xénero, tecnicamente innovadora, exposta nunha corrente de consciencia que conmove o público lector". A decisión tomouse por maioría despois dun prolongado debate entre dúas novelas finalistas.

Luns de Eli Ríos é, así, a obra gañadora do Premio Torrente Ballester que se convocaba por primeira vez en modalidade só para lingua galega. A novela impúxose sobre as dezaoito obras finalistas, das 101 presentadas ao certame, unha cifra que duplica o ano que máis novelas en galego se presentaran ao Torrente Ballester, ao que, até agora, podían concorrer conxuntamente obras en galego e español. A edición de 2009 fora na que, con 47 orixinais, concorreran máis novelas en galego, con menos da metade das que competían nesta nova concocatoria. Na pasada edición, foran 29 das obras presentadas.

O Torrente Ballester con 25.000 € de premio para a obra gañadora é o de maior contía económica dos convocados para a literatura galega.

A gañadora Eli Ríos é autora, entre outras, de obras como nós escoitando o badalo de marienplatz (XII Premio de poesía Concello de Carral), rúa da cancela (IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas, 2009), María (I Premio Figurante, 2013), amamnese (II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rei, 2014), Doe tanto a túa ausencia (XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, 2014), Diario de fotogramas (I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes), Bicha (XII Premio Pura e Dora Vázquez de narración) e Marta e a píntega. Luns é a súa primeira novela de narrativa para público adulto.

O martes día 20 de decembro darase a coñecer a novela gañadora do XXVIII Premio de narrativa Torrente Ballester para obras en español.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024