Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
"Porque viñéstedes as ghalleghas e trouxéchesnos a poesía"
Ísto escoitaron as Aldaolado nunha viaxe a Castela para participar nun Festival de Poesía. Até fóra do país recoñecen o bo facer de estas dúas mulleres que o pasado día 14 de xullo deleitáronnos cun orixinal Recital de Poesía, Música e Humor na sala No Importa da Coruña.
Pois si, porque Maria Lado e Lucía Aldao achegáronnos as súas fermosas composicións poéticas combinadas con música e moito, moito humor. Bon, máis ben retranca! Unha retranca con inconfundíbel sabor á Costa da Morte e un chisco de simpatía coruñenta.
Perante perto de dúas horas de espectáculo, ao que paga moito a pena acudir, María e Lucía recitan acompañadas de guitarra e interpretando diversos temas e versións de cancións ao tempo que nos brindan brincadeiras a esgalla.
O espazo de No Importa ficou pequeno para velas! O público aplaudiulles a todo dar e mesmo participaron activamente dun sketch a petición das artistas.
Se non as vistes aínda, non sei a que agardardes ;)