Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A Feira do Libro da Coruña celebra a súa 45ª edición cun programa de máis de 100 actividades

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 15730
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
15730

Sinaturas e presentacións de obras, contacontos, recitais e diversos obradoiros centran a oferta desta cita cultural na que participarán autores e autoras como Luz Pozo, Ledicia Costas, María Solar, Miguel Anxo Fernán Vello e Teresa Moure.

A cidade da Coruña celebra no mes de agosto a súa cuadraxésima quinta edición da feira do libro cun programa especial que inclúe, entre o día 1 e o 10, máis dun cento de actividades para a difusión das novidades editoriais e para a promoción da lectura entre a cidadanía, no espazo dos xardíns de Méndez Núñez.

A feira presentase como un evento cultural de referencia en Galicia e unha das primeiras feiras do libro da Península, avalada polos máis de 100.000 visitantes recibidos nas últimas edicións.

Respecto dos factores que contribúen ao éxito desta feira, o secretario xeral destacou o importante traballo que veñen desenvolvendo as librarías da cidade herculina, xunto co labor levado a cabo a través da rede de bibliotecas públicas da Coruña, ademais do papel do resto de libreiros e libreiras que participan no evento, dos editores, dos escritores, dos ilustradores e ilustradoras, e dos lectores e lectoras, xunto coa imprescindible colaboración das entidades implicadas nesta cita de referencia da axenda do verán en Galicia.

Voces literarias referenciais

Tamén se referiu ás voces referenciais da literatura galega actual que participarán na feira, entre as que se inclúen Luz Pozo Garza, María Solar, Ledicia Costas, Teresa Moure, Miguel Anxo Fernández, María Canosa, Concha Blanco, Claudio Rodríguez Fer e María do Cebreiro, entre outros.

Ademais das presentacións e das sinaturas de libros, o programa da feira ofrecerá durante 10 días numerosos contacontos e obradoiros, xunto con recitais, conferencias e espectáculos musicais baseados en títulos editoriais, e unha exposición sobre A Coruña nos anos vinte de Alvarellos Editora, que será inaugurada o día da apertura da feira, o 1 de agosto, nun acto no que Pinto&Chinto (David Pintor e Carlos López) serán os encargados de ler o pregón.

Promovidas pola Federación de Librarías de Galicia –representada na rolda pola súa coordinadora, Nani García– e pola Consellería de Cultura e Educación, as Feiras do Libro de Galicia contan na cita da Coruña coa colaboración do Concello e mais da Deputación da Coruña. En representación das administracións local e provincial interviron na presentación Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento.

Catro citas en agosto

Logo de percorrer desde abril os concellos de Pontevedra, Ferrol, Santiago, O Porriño, Redondela, Ribeira, Ourense, Lugo e Vigo, as Feiras do Libro de Galicia chegarán nas próximas semanas á Coruña (do 1 ata o día 10 de agosto), a Viveiro (do día 12 ao 15 de agosto); a Foz (do 18 ao 21 de agosto); e, finalmente, a Monforte de Lemos (do día 24 ao 27 de agosto), onde porán fin ao seu percorrido polas catro provincias galegas.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 03 Diciembre 2024