Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A TVG non retransmitirá a gala dos Premios María Casares

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 3897
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
3897

A AAAG prescinde da colaboración da Televisión de Galicia pola negativa dos seus responsables a reunirse este ano coa asociación, a mellorar as condicións da retransmisión e a emitir a gala pola primeira canle da TVG nun horario razoable.

A Televisión de Galicia non retransmitirá este ano a gala dos Premios de Teatro María Casares. A decisión tómaa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) por diferentes motivos, segundo explica nun comunicado.

En primeiro lugar, din, é unha decisión meditada en diferentes asembleas internas da Asociación, nas que se manifestou a necesidade de mellorar as condicións da emisión por parte da TVG ou, en caso contrario, de buscar novas alternativas. Con ese mandato asembleario, a AAAG solicitou ao longo dos últimos meses reunións cos responsables de Programas do ente para propoñerlles cambios e melloras na retransmisión. Non obstante, tal xuntanza nunca tivo lugar.

En segundo lugar, envióuselle por escrito a petición de mellorar diferentes aspectos da retransmisión e solicitouse que a emisión fose pola primeira canle da TVG nun horario razoable. As peticións foron ignoradas e ofreceuse dende a TVG as mesmas condicións dos últimos anos nos que a gala dos María Casares ficaba reducida ao streaming no web e á emisión pola segunda canle en horarios poucos favorables para a audiencia.

A AAAG considera que a CRTVG falla neste senso e noutros moitos na súa obriga de difundir a cultura propia en xeral e a teatral en particular. Ademais, parece que nin os María Casares nin o sector escénico encaixan nas coordenadas marcadas polo lema de #Cultura365, impulsado pola CRTVG dende o momento en que se desvirtuou a marca histórica do Diario Cultural con gran protesta dentro do sector cultural. A decisión da AAAG chega nunha época de forte cuestionamento do labor público xeral do ente, tal e como evidencia a iniciativa dos Venres Negros, impulsada por parte do persoal da CRTVG, ou a convocatoria de folgas o pasado mes de decembro.

Por todo o exposto, a AAAG ofreceralle ao público a posibilidade de ver a gala a través da empresa ourensá Aleuto Medios Dixitais, que se encargará da retransmisión a través de streaming que se poderá seguir a través de Youtube a partir das 21.00 h. do xoves 21 de marzo.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Sábado, 21 Diciembre 2024