Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia amosa a súa inquedanza pola escasa produción do Centro Dramático Galego en 2017

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 6451
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
6451

Inquedanza producida pola escasa produción e a baixa contratación actoral que desenvolverá o Centro Dramático Galego

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere amosar a súa inquedanza e decepción diante do anuncio realizado no seu día por parte do Centro Dramático Galego (CDG) que presentou o conxunto da súa programación até o outubro de 2017 nun acto que contou coa presenza da directora do CDG, Fefa Noia, do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do director da Agadic, Jacobo Sutil.

A preocupación da Asociación non parte nin das escollas artísticas nin do conxunto da carteleira proposta por parte da institución, da que mesmo quere celebrar e pór en valor, entre outras decisións, a determinación de producir e traer ao galego a obra de Valle-Inclán, saldando así unha débeda histórica provocada pola imposibilidade de tradución até a chegada deste 2017, ano no que a obra do dramaturgo ficará xa liberada.

Non obstante, esta noticia que debía ser unicamente obxecto de alegría é, precisamente o motivo da preocupación da AAAG.

O Centro Dramático Galego estreará o próximo 31 de marzo un espectáculo dobre no que se adaptarán dúas pezas de Valle-Inclán: As galas do defunto e A filla do capitán. Deste xeito, a unidade de teatro público montará dúas das tres obras que conforman Martes de Carnaval, desbotando así a terceira pata desta triloxía de Valle, Los cuernos de don Friolera. Neste senso, a AAAG lamenta as seguintes cuestións.

A primeira delas, que os motivos para realizar un achegamento coxo a esta obra de Valle sexan, tal e como explicou Noia, cuestións orzamentarias que non responden a criterios artísticos, empregando unha vez máis as circunstancias económicas como escusa para limitar a actividade do CDG, cando sempre dende os Gobernos central e autonómico se aplaude e se celebra unha recuperación económica que resulta invisible.

A segunda é que toda a produción do CDG para o ano 2017 queda reducida a unha obra que, por moito que sexa un espectáculo dobre, non deixa de ser unha única montaxe cunha única estrea e cunha única xira por Galicia.

E a terceira cuestión, e ben seguro a máis preocupante, é que o elenco deste Martes de Carnaval estará conformado unicamente por dez intérpretes, sendo un volume de contratación totalmente inaceptable por parte dun Centro Dramático que ha de recuperar o seu papel de teatro nacional para o noso país e que está chamado a ser, como ben explicou Fefa Noia na presentación, “a casa de todos e todas, formada por todos e todas”.

Ante estes feitos, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia reitera a súa preocupación e o seu rexeitamento a que a produción e a contratación do Centro Dramático Galego se desenvolva para gran parte do 2017 nestes termos, ao tempo que aproveita a ocasión para lembrar as súas reivindicacións ao respecto do Centro Dramático Galego -xa transmitidas por parte da Xunta Directiva da AAAG en xuntanzas cos responsables da política cultural do Goberno- e que pasan en primeiro lugar por que o Centro Dramático Galego incremente a súa produción anual. Non é aceptable que a entidade de teatro público reduza a súa actividade ao longo das temporadas a unha única produción, algo que vén acontecendo nos últimos exercicios e que parece que se volvería repetir no 2017, a non ser que entre os meses de novembro e decembro realicen unha nova produción, algo que consideramos xa como un mínimo imprescindible e urxente.

A AAAG subliña, por outra banda, a necesidade de que as producións que leve a cabo o Centro Dramático Galego incrementen o tamaño dos seus elencos. Un verdadeiro teatro nacional non debe conformarse con realizar montaxes cun máximo de dez intérpretes, reducindo as súas obras a medianos formatos, actividade que asumen xa -malia as dificultades- compañías privadas.

Por último, a AAAG cre necesario a recuperación dun órgano que, nos últimos anos, ficou desbotado e que resulta xa non só recomendable, senón necesario: o Consello Asesor. Este órgano serviría novamente como conexión entre a institución e a realidade da profesión, ao ser un espazo de diálogo coa presenza das entidades e asociacións do sector.

Por todo o exposto, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere finalizar este comunicando ofrecéndose unha vez máis para colaborar e dialogar coa dirección do Centro Dramático Galego, así como cos responsables da Consellería de Cultura e Educación para emendar estas eivas no futuro.
0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 21 Noviembre 2024