Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A RAG acolle a presentación do libro 'Onde ferve o amor por Galiza' publicado pola Deputación da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 7541
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
7541

O volume xunta 270 cartas escritas ou remitidas a quen foi presidente da RAG, Sebastián Martínez-Risco, co galeguismo exterior de 1960 a 1977 nunha edición ao coidado do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato

Eduardo Blanco-Amor, Xosé Neira Vilas ou Luís Seoane son algúns dos moitos persoeiros da Galicia na diáspora que intercambiaron cartas co xurista, escritor e académico Sebastián Martínez-Risco (Ourense, 1899 – A Coruña, 1977). 270 desas cartas foron recollidas no libro Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977), edición ao coidado do profesor da Universidade da Coruña publicada pola Deputación da Coruña.

A obra, que recompila sobre todo cartas do arquivo persoal de Martínez-Risco e outras conseguidas en institucións como o Centro Galego de Bos Aires, foi presentada esta mañá na sede da RAG nunha rolda de prensa na que o investigador estivo acompañado polo presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e a actriz Isabel Risco, neta de Martínez-Risco. O libro toma o seu título dunha frase extraída dunha carta que Isaac Díaz Pardo lle escribiu a Martínez-Risco en 1955 desde Arxentina. O editor escolleuna "porque representa moi ben ese sentimento de preocupación polo futuro de Galicia" que lle amosaban ao académico as persoas que contactaban con el desde o exterior, moitos deles galegos exiliados e emigrados, pero tamén persoas interesadas na nosa cultura de Portugal, Francia ou América.

A vicepresidenta da Deputación salientou a importancia da publicación deste material para profundar no coñecemento dunha época complicada para as nosas lingua e cultura. "A través destas cartas podemos saber cales eran as preocupacións do momento e que se estaba facendo polo país nun e noutro lado, no exterior. Miramos ao pasado non con intención arqueolóxica, senón co propósito de aprender del para proxectarnos cara a un futuro mellor", valorou Goretti Sanmartín. "Estes textos ábrennos os ollos sobre o importante labor que se fixo no exterior pola cultura galega e temos que coñecelos para proxectarnos nun futuro mellor", engadiu a vicepresidenta da Deputación.

A presentación tivo lugar o mesmo día en que a Real Academia Galega celebrará, ás 19.30 horas, unha homenaxe a Sebastián Martínez-Risco coorganizada coa Irmandade Xurídica Galega, apuntou Xesús Alonso Montero, quen o recordou con grande afecto. "É un dos homes que máis admiro e quero, porque o sigo querendo pese a que xa hai bastantes anos que nos deixou", expresou o presidente da RAG. Felicitou ademais a Xosé Ramón Freixeiro Mato tanto por esta obra como polo libro de correspondencia entre Martínez-Risco e Otero Pedrayo que publicará proximamente

Isabel Risco tamén agradeceu en nome da familia o traballo de Xosé Ramón Freixeiro Mato, "auténtico e digno biógrafo" de Martínez-Risco. "Se non fose por el, non só a memoria do meu avó, senón da época na que traballou polo país e a lingua, non estaría tan referenciada. O noso desexo é que estas cartas sexan públicas, de todos nós, que non queden agochadas nunha gabeta", asegurou. En clave persoal, referiuse tamén ao seu avó como "un guieiro" de quen aprender a súa ética política e o seu amor por Galicia.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 24 Diciembre 2024