Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A final do Quero Cantar convértese nunha gran festa da música infantil galega

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5616
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5616

A banda Colaxe, de Laxe, gañadora da primeira edición do certame Quero Cantar organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña

"A iniciativa naceu para que nenas e nenos se botaran a cantar en galego e acompañar o extraordinario momento da música infantil na nosa lingua", dixo a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín na gala final que se desenvolveu este martes no Teatro Colón da Coruña.

Leila Santos, Colaxe, Xente Miúda de San Orente, o Colexio Manuela Rial Mouzo e a Banda Batuke, do colexio das xesuitinas da Coruña, foron as cinco bandas protagonistas este martes día 28 da final da primeira edición de Quero Cantar, o concurso de música infantil que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña. Os grupos chegaron a esta cita logo de superaren dúas fases onde deberon someterse ás valoracións dun xurado de artistas profesionais e tamén ao gusto do gran público a través dunha votación nas redes sociais.

"O máis relevante é que o "Quero Cantar" fixo que nenos e nenas cantaran na nosa lingua. Vivimos un momento excepcional para a música infantil en galego mais é preciso aínda animar ás crianzas a que se boten a cantar e ese era un dos obxectivos do concurso", sinalou Goretti Sanmartín que defendeu na súa intervención o poder da canción como "unha maneira de transmitir a nosa lingua, de usala e de contaxiala".

Para todas elas era unha cita moi especial, desbordante de emoción, alegría e tamén algúns nervios. Unha circunstancia que non obstante salvaron todas con notable bo facer e, deste xeito, a final converteuse nunha verdadeira festa que fixo as delicias dun Teatro Colón ateigado de grandes e crianzas. Conducida pola actriz Isabel Risco, a gala contou tamén coa participación dun dos estandartes da música infantil en Galiza, Pablo Díaz e a súa banda Tic-tac-toc, que se encargaron de abrir e pechar a tarde e de arroupar a rapazada no emotivo momento da lectura do veredicto.

A oportunidade de actuar nun escenario como o do Teatro Colón, a carón de artistas consagrados e cun amplo público, foi para os grupos participantes, unha recompensa para o traballo realizado na participación no concurso que comezou no momento en que decidiron compoñer unha canción para presentarse ao Quero Cantar.

"Durme Elsiña", de Colaxe

Finalmente, o xurado formado por cinco nenas e nenos de diferentes etapas de educación primaria decidiu que a vencedora sexa a banda Colaxe, de Laxe. Para el vai o primeiro premio, que consiste na gravación dun videoclip e en 300 € para a compra de material musical. Colaxe é un grupo formado na vila de Laxe por catro compoñentes e que ten unha salientable vocación didáctica xa que adoitan facer actuacións para público familiar nos que a interactuación cos asistentes cobra sempre un papel especial. O guitarrista, Fernando, compuxo o arrolo Durme, Elsiña para lle cantar á súa filla Elsa cando esta era pequena. Agora Elsa ten sete anos e é ela mesma quen o interpreta para presentarse ao Quero Cantar.

Os restantes catro finalistas tamén reciben cadansúa cantidade para a compra de material. Ademais, estas cinco cancións finalistas, xunto con outras cinco cancións que as acompañaban na fase previa, pasan a formar parte do disco Quero Cantar 2016, que a Deputación da Coruña vai editar e distribuír entre colexios públicos de toda Galicia e que tamén se poderá descargar de balde desde a páxina web www.querocantar.gal.

O nome do concurso, Quero Cantar, está tirado dunha coñecida copla popular que recolle ben o espírito do que pretende ser esta iniciativa, na que prima a creatividade e onde se reivindica o gusto pola música e o canto. Ese espírito foi o que se viu reflectido sobre o palco do Colón cando, no remate da gala, tras a lectura do veredicto, todas as bandas interpretaron xuntas o retrouso dese Quero cantar que xa se converteu en sintonía oficial do certame.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Lunes, 30 Diciembre 2024