Sinaturas e presentacións de obras, contacontos, recitais e diversos obradoiros centran a oferta desta cita cultural na que participarán autores e autoras como Luz Pozo, Ledicia Costas, María Solar, Miguel Anxo Fernán Vello e Teresa Moure.
A cidade da Coruña celebra no mes de agosto a súa cuadraxésima quinta edición da feira do libro cun programa especial que inclúe, entre o día 1 e o 10, máis dun cento de actividades para a difusión das novidades editoriais e para a promoción da lectura entre a cidadanía, no espazo dos xardíns de Méndez Núñez.
A feira presentase como un evento cultural de referencia en Galicia e unha das primeiras feiras do libro da Península, avalada polos máis de 100.000 visitantes recibidos nas últimas edicións.