Os concellos poderán elixir entre as 1776 propostas inscritas no circuíto.
Os concellos da provincia da Coruña poderán escoller entre os 1.776 espectáculos que se inclúen no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, unha cifra considerabelmente maior a do pasado ano xa que nesta nova edición a convocatoria abriuse a todas as compañías e produtoras galegas.
Case catrocentas propostas máis é o incremento que o catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña experimenta nesta nova edición na que a oferta ascende a 1.776 espectáculos fronte aos 1.359 do pasado ano.