Moita xente se deu cita un ano máis para homenaxear a Manuel María na Carballeira de Santa Isabel
Outeiro de Rei, 9 xullo 2016
De novo gran éxito de convocatoria na 3ª edición do Convivio da Cultura Galega na fermosísima Carballeira de Santa Isabel á beira do pai Miño. Unha xornada de festa arredor da cultura do País que encheu de xente esta paraxe incomparábel. A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Música e Coro de Asoción Cultural e Musical Solfa interpretaron diversas pezas con especial protagonismo das meniñas e meniños que disfrutaron a tope.