Diversos concellos coruñeses recibirán a exposición, que ten como obxecto dar a coñecer a importancia de Exponav e recuperar a historia dos “anos dourados” dos estaleiros ferroláns
Entre 10 e 20 concellos da provincia exhibirán a mostra "Xigantes" de Exponav grazas ao apoio da Deputación da Coruña, que vén de sacar a licitación, por un importe máximo de 24.793,39 euros, os traballos de coordinación, transporte e montaxe desta exposición, dedicada aos grandes fitos da construción naval realizados na antiga Astano entre os anos 1964 e 1982.