Bala, da Coruña, e MJPérez de Arzúa gañan o primeiro e o segundo premio
As novas mulleres do rock impóñense no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña. O xurado decidiu que o primeiro premio fose para a banda Bala, da Coruña, e o segundo para MJPérez, de Arzúa.
Por volta de media noite e despois dunha longa deliberación, o xurado do VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña, inclinouse polo dúo Bala, da Coruña, como gañador. A banda de Ánxela e Violeta facíase co primeiro posto do concurso logo dun concerto colectivo que se celebrou na sala O Túnel, do Coliseo da Coruña, no que participaron os cinco grupos finalistas ademais de Ataque Escampe e The Loco como convidados.