Organizado pola Asociación Galega de Deseñadores desenvolverase o 20 e o 21 de novembro na Fundación Luis Seoane e no Auditorio de ExpoCoruña.
Deseñadores de toda España participarán os días 20 e 21 de novembro na Coruña no Foro de Deseño FEED 2015, para o que a Asociación Galega de Deseñadores (DAG) conta co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A Fundación Luis Seoane e o Auditorio de ExpoCoruña serán as sedes destas dúas xornadas, que se articularán arredor de seminarios e conferencias coas intervencións de oito destacados profesionais do sector tanto a nivel galego como internacional.