Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O Circuíto Galego de Teatro Amador 2016 ofrece 60 representacións en toda Galiza

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4095
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4095

 Tamén terá lugar o XV Festival Agustín Magán coas últimas propostas escénicas de grupos federados

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforza o seu compromiso co desenvolvemento do teatro afeccionado en Galicia ao renovar un ano máis a súa colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), da que forman parte máis de 50 agrupacións.

Hoxe asinaron un novo convenio de colaboración mediante o que a Consellería contribúe, cun investimento de 30.000 euros, á realización do Circuíto Galego de Teatro Amador 2016, que desde xuño ata final de ano ofrecerá un total de 60 representacións nas catro provincias galegas. Ao acto de sinatura, que tivo lugar no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, tamén asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais a vicepresidenta e o tesoureiro da federación, María José García e Manuel Dasilva, respectivamente.

O circuíto teatral, que botou a andar este mes de xuño no Porriño, percorrerá ata finais de outubro a xeografía galega, con paradas en concellos como Narón, O Barco de Valdeorras, Antas de Ulla, Cuntis, Vedra e Lugo, para un público estimado de 7.500 espectadores. Gargallada, Trécola Teatro, A Fiestra, Porta Aberta, Maraño Teatro, Paso de Valverde, Chumpá Teatro e Andaravía serán algúns dos grupos encargados de lle achegar a cidadanía o teatro afeccionado.

Ao abeiro do convenio asinado esta mañá, a Consellería tamén colaborará coa décimo quinta edición do Festival Amador Agustín Magán, unha iniciativa coa que Fegatea difunde as últimas propostas escénicas do seus grupos federados nas catro provincias. En total serán sete actuacións na capital de Galicia, os días 29, 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro deste ano. Tres delas representaranse no Teatro Principal e outras tres, no Salón Teatro, mentres que haberá tamén un espectáculo de rúa.

Achegar o teatro a todas as zonas
Un dos obxectivos desta programación de Fegatea é dotar de programación cultural pequenas localidades galegas que, por falta de infraestrutura ou dispoñibilidade orzamentaria, non poidan gozar habitualmente de espectáculos de artes escénicas na súa propia vila. Ao mesmo tempo, garántese a viabilidade do teatro afeccionado e a difusión do traballo das 53 agrupacións que conforman a federación e que actualmente constitúen a maior estrutura teatral organizada, o que tamén denota un interese común dos seus membros para traballar nunha mesma dirección.

Dinamización cultural
A Federación Galega de Teatro Afeccionado comezou a súa andaina en 2001 centrando os seus esforzos no fornecemento do tecido cultural ao redor do teatro amador no ámbito autonómico. Acadado este obxectivo, por medio dunha programación estable que abrangueu actividades formativas, de intercambio, mostras e festivais de teatro, nos últimos tempos tamén dedicou esforzos a promover o teatro amador galego no resto de España.

Cómpre salientar o intenso labor de dinamización cultural que cada unha das agrupacións que a conforman desenvolven na súa propia vila onde, en moitos casos, se ofrecen como única alternativa de programación cultural.

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 21 November 2024