Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O cineasta José Luis Guerin presenta no Centro Galego de Artes da Imaxe o seu filme 'La academia de las musas'

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3712
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3712

 O CGAI recupera tamén dúas das producións anteriores do realizador barcelonés: ‘Le Saphir de Saint-Louis’ e as súas ‘Correspondencias’ co lituano Jonas Mekas.
 

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) recibire o xoves 31 de Abril, na súa sede da Coruña, o cineasta José Luis Guerin para participar nun encontro co público con motivo da proxección de ‘La academia de las musas’, o seu último filme.

Guerin –quen esta tarde imparte unha clase maxistral sobre a relación entre cinema e fotografía no Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa, para a que xa se esgotaron as prazas dispoñibles– presentaralle aos espectadores a fita que estreou na pasada edición do Festival de Cine de Locarno e pola que obtivo o Giraldillo de Oro á mellor película no Festival de Cine Europeo de Sevilla. A sesión de mañá, programada para as 20.30 horas, será de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 
A medio camiño entre o documental e a ficción, o filme de Guerin conta a historia do controvertido proxecto dun profesor de Filoloxía que, a través dunha “academia das musas” inspirada en referencias clásicas, pretende rexenerar o mundo mediante a poesía e que acabará desencadeando unha serie de situacións dominadas pola linguaxe e polo desexo.
 
Nova sesión o venres
‘La academia de las musas’ volverá proxectarse no CGAI o venres 1 de abril, ás 18.00 horas, como inicio dun programa dobre que inclúe, así mesmo, outros dous títulos asinados recentemente polo realizador catalán. En primeiro lugar, ‘Le Saphir de Saint-Louis’, un documental de produción francesa sobre un tesouro que agocha a catedral de Sain-Louis de La Rochelle: unha pintura sobre a traxedia en 1741 da goleta ‘Saphir’ durante unha das súas travesías de tráfico de escravos. Exhibirase tamén ‘Correspondencias’, que narra a relación persoal entre o propio Guerin e o cineasta lituano Jonas Mekas a través de nove cartas, filmadas nos lugares máis variados do mundo.
 
A Filmoteca de Galicia volve deterse, así, na que é unha das figuras imprescindibles para entender a evolución do documental e do chamado cinema de autor en España. José Luis Guerin, quen hai cinco anos xa visitara o CGAI para impartir unha clase maxistral, conta cunha ampla traxectoria á marxe dos ditados do cinema comercial e na que atopamos títulos tan sobresaíntes como ‘Innisfree’ (1990), ‘En la ciudad de Sylvia’ (2007), ‘Guest’ (2010) ou ‘En construcción’ (2001), o proxecto co que obtivo unha maior repercusión tanto por parte do público como da crítica.
 
A súa filmografía destaca por un carácter esencialmente visual, unha linguaxe reflexiva e poética e un estilo sinxelo que, ao tempo, establece habituais diálogos con outras artes, como a pintura ou a fotografía. De feito, varios dos seus traballos teñen transcendido da gran pantalla a espazos artísticos como o Centro Pompidou de París, o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona ou a Bienal de Venecia.

-Web do CGAI

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 26 December 2024