Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

NAO: "Nós entendemos a música como unha arma e é así como a empregamos."

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 15380
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
15380

Desta volta, entrevistamos a Jasper, lider de NAO, grupo de rock feito en Galiza e en galego.

NAO, banda de rock galego formada por:

Pablo Carracedo "Jasper": Guitarra e voz, Gustavo Brea "Gus": Guitarra, Ánxelo: Baixo, Amós: Batería

Fundada no 2005, en novembro de 2007 editan o seu primeiro álbum, As palabras espidas, que incluía unha canción co poema de Rosalía de Castro "A xustiza pola man". En 2010, lanzan o segundo, Coas túas mans, que foi autoeditado.

A finais de 2012 comezaron un proxecto de crowfounding para publicar o seu terceiro traballo, Cancións de amor e liberdade, que tamén foi autoeditado e que viu a luz o 26 de febreiro de 2013.

No 2014, o grupo fíxose co galardón da categoría Metal na segunda edición dos Premios Martín Códax da Música.

No 2015, puxeron música á campaña de Nós - Candidatura Galega para as Eleccións xerais de España de 2015 coa canción “Nós, porque este soño é necesario para un soño” en colaboración con X. L. Rivas Cruz, "Mini".

Neste 2016, lanzaron un dobre álbum Soñar e Crear.

Esta é a entrevista que lle fixemos ao seu lider, Pablo Carracedo "Jasper":

 

1. Definídevos en dúas palabras.

Amor e loita.

 

2. ¿Como xurde o proxecto NAO?

NAO nace da confluencia de músicos de distintos proxectos xa pasados que deciden xuntarse para facer unha banda que lle dera moita importancia á musica e a súa mensaxe. Ó longo destos 11 anos houbo diversos cambios na formación pero o espírito segue a ser o mesmo.

 

3. ¿Cales son as influencias musicais que vos levaron a crear o voso estilo?

As influencias foron diversas, cada un ten as súas; mais houbo grupos que nos influiron no musical a todos como pode ser o caso de Habeas Corpus (nos nosos inicios), Berri Txarrak, Rise Against, etc... Mais NAO non só é música e no plano ideolóxico ou actitudinal, tivemos unha influencia clara de grupo e artistas que marcaron época como Fuxan os Ventos, o gran Zeca Afonso, Banda Bassotti, Inadaptats, Negu Gorriak, etc...

 

4. Gañar o Martín Códax da Música no 2014, ¿que significou para NAO?

Un recoñecemento dos compañeiros de profesión e que espazos que nunca miraron para nós, que nunca se pararan a preguntarse quenes eramos ou que faciamos.

 

5. O voso último traballo , o doble álbum “Soñar e Crear”, supón unha clara evolución no voso estilo, ¿que supuxo para vós?

Este doble álbum concentra as dúas primeiras partes da nosa Apocalipse como banda. Son discos moi distintos, na composición e na producción de estudio. NAO está en continua evolución, iso é o que nos interesa. Sempre apostamos por renovar e introducir novos estilos e sonoridades. Pode que sexa un disco máis sentimental que o resto. b2ap3_thumbnail_tuplace_nao1.JPG

O que si temos claro é que son cancións que agochan no seu interior moita verdade. Algunhas funcionaron mellor e outras peor, como acontece sempre. E houbo xente que se sorprendeu co cambio de estilo, pero estamos convencidos de que co paso do tempo será un disco recordado con moito afecto.

 

6. Nas vosas letras non pasa desapercibida a crítica social. ¿Considerades necesaria a implicación política da xente do mundo da cultura?

Necesaria non; imprescindíbel. Nós entendemos a música como una arma e é así como a empregamos. Por desgraza ou por fortuna, neste senso, non pasamos nunca desparecibidos. Esta é a nosa filosofía, o sentido real que ten esta banda, o que vén despois pode facer máis ruído, pero non é significativo. O importante é a mensaxe.

 

7. ¿Por qué credes que un grupo coma NAO, e moitos outros con moita carga de denuncia nas súas letras, teñen tan pouca visibilidade na televisión pública?

Porque a televisión pública tanto galega como estatal é un NODO nauseabundo e manipulador ó servizo do Partido Popular, dos seus dirixentes e dos seus “accionistas”. En Galiza na CRTVG hai unha política de silencio total da disidencia, de crítica sistemática da oposición e de edulcorar a realidade e entreter no “cosmopaletismo” máis rancio e antigalego. Neste contexto, NAO é visto como un certo inimigo potencial. Se a televisión pública servira para promover a cultura e informar a sociedade NAO e moitas outras bandas estaríamos na programación diariamente.

 

8. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

Mal. Estamos coma sempre, sen infraestrutura que permita dar saída a novos proxectos e consolidar e promocionar os vellos. A televisión pública non fai a labor para a que foi construída nos seus estatutos de promocionar a cultura propia. Deste xeito pasa desapercibida e dun xeito meramente testemuñal en moitos casos. Hai institucións públicas dirixidas por xente que realmente si lle quere a este país, como concellos e deputacións con gobernos galegos reais que fan unha labor de promoción auténtica, pero queda moito por facer.

 

9. Vivir da música en galego, ¿quimera ou realidade?

Complicada realidade. No noso caso, non vivimos da música aínda que sempre concebimos a banda dun xeito completamente profesional. E nesa loita estivemos sempre esixindo que se nos trate coa mesma profesionalidade coa que nós concebimos a banda. E non só pensando en nós, senón en todos os compañeiros e compañeiras que están ao noso carón e que virán despois. Loitamos dende sempre por ter un caché digno, horarios e condicións boas, e por configurar parte dos carteis cos grupos de afora de Galiza ao mesmo nível e non como quecebancos destes.

A día de hoxe a banda ten unha posición privilexiada nos festivais deste país pola numerosa xente que nos sigue dun xeito fiel. Mais é unha loita que seguimos dando, porque a maioría de festivais galegos (aínda os máis galeguistas) siguen sen valorar os grupos de aquí do mesmo xeito que valoran aos de afora. Vemos moito complexo e moi pouco amor polo propio, aínda que se avanzara moito nos últimos tempos.

 

9. ¿Qué pensas ti que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

Vivila, esa á forma de defender a cultura. Interesarse polas bandas locais, ir a concertos, escoitar a música de aquí e deixarse levar. Hai enormes proxectos hoxe en día dos máis diversos estilos.

 

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que vos pete ;)

Grazas pola entrevista, saúdos a toda a familia do rock galego. Vémonos na rúa.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Friday, 13 December 2024